[Ofertas_emprego_software_libre] Ofertas de emprego para traballar en Mancomún

Frco. Javier Rial fjrial en cesga.es
Xov Xuñ 12 14:39:05 CEST 2008


A S.A.X. CESGA convoca dúas prazas para técnicos do proxecto Mancomún. 
En concreto as prazas publicadas son:

    * Técnico de Tradución e Asesoramento Lingüístico
      <http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/Itemid,91/catid,108/id,101/lang,en/>
      (oferta completa PDF
      <http://www.cesga.es/File/empleo/ofertas/2008/DO_Bases_Posto-Tecnico-Linguista-v2.pdf>
      )
    * Técnico experto en Software Libre
      <http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/Itemid,91/catid,108/id,100/lang,en/>
      (oferta completa PDF
      <http://www.cesga.es/File/empleo/ofertas/2008/DO_Bases_Posto-Tecnico-Forxa-v2.pdf>
      )
      <http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/Itemid,91/catid,108/id,100/lang,en/>

Os requirimentos das prazas pódense consultar nas oferta completas.

Para presentarse ás distintas ofertas é imprescindible cumprimentar 
correctamente o apartado de "*Documentación a presentar 
obrigatoriamente*" de cada unha das ofertas.


As funcións para cada un dos postos serán:

 

TÉCNICO DE TRADUCIÓN E ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO

-Liderar os proxectos de localización ao galego do Centro de Referencia 
e Servizos de Software Libre de Galiza.

-Realizar actividades encamiñadas ao establecemento dunha metodoloxía de 
tradución de Software Libre baseada nos estándares da comunidade de 
profesionais da tradución.

-Comunicación cos distintos axentes involucrados nas comunidades de 
desenvolvemento e tradución do Software Libre.

-Colaboración en actividades de difusión do Software Libre.

-Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e 
forma, coa calidade debida.

 

TÉCNICO EXPERTO EN SOFTWARE LIBRE

As funcións para este posto serán:

- Participar en tarefas de desenvolvemento e mantemento da Forxa de 
Mancomun.org.

- Colaboración en actividades de difusión do Software Libre incluíndo 
labores de dinamización da Forxa.

- Velar polo cumprimento das accións correspondentes en custo, tempo e 
forma, coa calidade debida.

 

Máis información nas ofertas completas.

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
http://www.mancomun.org
mancomun en mancomun.org

------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/ofertas_emprego_software_libre/attachments/20080612/f2b47fab/attachment.htm