[Ofertas_emprego_software_libre] Ofertas de emprego na Oficina de Software Libre da USC

mancomún mancomun en mancomun.org
Lun Xuñ 30 08:45:09 CEST 2008


Ofertas de emprego na Oficina de Software Libre da USC

O Departamento de Electrónica e Computación da USC ven de publicar dúas 
ofertas de emprego para o Oficina de Software Libre da USC:

No mes de xullo bótase a andar, en base a un convenio entre a USC e a 
Consellería de Innovación e Industria, a Oficina de Software Libre da 
USC. Para facerse cargo da mesma, precísanse dúas persoas a tempo 
completo, unha como coordinador e outra como técnico, con experiencia no 
mundo do Software Libre.

PERFÍS:

    * Coordinador. Capacidade e experiencia demostrable en xestión de 
recursos e organización de actividades de formación e difusión no ámbito 
de Software Libre.
    * Técnico. Capacidade e experiencia demostrable en soporte técnico 
para a organización de actividades de formación e difusión no ámbito de 
software libre e experiencia no desenvolvemento e mantemento de portais 
web.  

FORMA DE CONTRATACIÓN. No caso do coordinador será un contrato e no caso 
do técnico será unha bolsa.

DURACIÓN. Desde xullo de 2008 ata decembro de 2009.

SOLDO APROXIMADO. 1733 euros brutos/mes, no caso do coordinador, e 1200 
euros brutos/mes, para o bolseiro.

LUGAR DE TRABALLO. En Santiago de Compostela, no Campus Sur da USC.

SELECCIÓN DE CANDIDATOS. Os/as interesados/as deben enviar o seu 
Curriculum Vitae e expediente académico detallado ao enderezo 
electrónico atic PUNTO software ARROBA usc PUNTO es. A data límite para 
a recepción de solicitudes é o 4 de xullo de 2008.

Máis información na fonte orixinal da nova ou en atic PUNTO software 
ARROBA usc PUNTO es