[Softlibre-edugal] Resumo día 12, Xornadas no IFEVI - DocentiaTIC
Carlos Rodriguez
capri99 en gmail.com
Ven Abr 13 23:51:52 CEST 2007
Hola xente, estiven asistindo onte e hoxe ás xornadas matutinas sobre docencia
que se deron no IFEVI dentro do evento DocentiaTIC. Se vos parece, vou
aportar as conclusións que saquei.
1.- M$ presentou os seus productos para a docencia afirmando que o Window$
Vi$ta funciona con 128MB de ram e para os que non teñan Offi$e 2007 e queiran
abrir documentos dela necesitarán un parche de compatibilidade. En fin,
recibÃu paus por todos lados, en especial meus :-). Non aportou nada e por
riba non lle importaba o alto nivel de piraterÃa, o importante para eles é
ter unha alta cuota de mercado nos centros (sexa legal ou ilegalmente).
2.- A continuación MarÃa José RodrÃguez, do Cesga, falou da teleformación
empregando dúas ferramentas de Software Libre: Moodle e Dokeos. Entre as
cousas que máis me impresionaron foi o proxecto Ensigna onde se valoraba
positivamente a posibilidade de crear un curso de lingua de signos para as
persoas xordas a través de Internet. O outro proxecto, E-Hospital estaba
adicado á formación de adultos nas longas hospitalizacións que sofren. Neste
caso empregábase o blender-learning (semipresencial ou mixto), onde os
titores Ãan de vez en cando a supervisar a labor do alumnado. Tamén valorado
moi positivamente porque os alumnos conseguÃan un tÃtulo oficial ofrecido
pola USC (Introducción a Internet, Ofimática básica, ...).
Tamén explicou a ferramenta Webminar (webminar.cesga.es) que "está baseado no
software de Código Aberto WebHuddle e que permite celebrar un seminario ou
sesión de traballo entre varias persoas, onde poder compartir unha
presentación multimedia, ou unha aplicación, cun grupo de persoas, á vez que
o profesor/relator va ofrecendo explicacións sobre o que fai ou amosa na
pantalla."
3.- Logo, Abraham DomÃnguez presentou a aposta do CEIP Laredo baseada na
Web2.0 e pola que recibiron un premio. O proxecto está moi ben explicado
nesta ligazón:
http://centros.edu.xunta.es/ceipdelaredo/valora/?page_id=95
Empregan un Blog (Wordpress) ao que lle engaden (principalmente os rapaces) o
contido multimedia de todo tipo baseado en ferramentas que atopan na web
http://www.go2web20.net/
Esto fai que aportar contidos ao blog sexa extremadamente sinxelo e
práctico para todos e todas, e algo importante é que é visible dende Internet
para os pais.
Juanjo Fernández de Tadega.net (TecnoloxÃas de Atención á Diversidade na
Educación Galega) tamén presentou o seu proxecto, baseado en ferramentas de
Software Libre coma Wordpress e phpBB pero dende un punto de vista
da "accesilidade" xa que a Web2.0 deberÃa mellorar o acceso á tecnoloxÃa de
todo o mundo, o contrario provocarÃa unha nova fenda dixital discriminatoria
para a xente que ten algunha discapacidade. Traballan en diferentes campos
educativos e tamén levaron outro premio polo seu empeño na accesibilidade.
Ten unha lista coas ligazóns de web importantes neste senso (os 40
principais), bitácora, foros de discusión e fixo especial mención á
web "aumentativa.net" coa que colaboran para a traduzón dos pictogramas ao
galego para mellorar a "comunicación aumentativa" de rapaces con algunha
discapacidade visual. Este concepto de "comunicación aumentativa" significa
que a partir dun texto pásase a unha secuencia de imaxes que sexa accesible e
entendible para diferentes usuarios.
4.- Por último unha rapaza de Study Plan (http://www.studyplan.es) explicou as
vantaxes dos dispositivos eBeam frente as pantallas táctiles dixitáis
convencionais. O sistema de eBeam comprende básicamente dun emisor (o lápiz)
e o receptor (a escuadra). Éste colócase nunha das esquinas de "calquera"
superficie e cunha simple calibración xa se pode empregar como pantalla
táctil. Como software educativo empregan o eBeam Scrapbook, bastante potente
que lle sirve ao docente para facer presentacións, repetilas automáticamente,
focalizar a atención do alumnado, debuxar, manipular imaxes, ... Tamén pode
funcionar con estructura cliente/servidor onde o alumnado, neste caso non
presencial, pode seguir a clase e interactuar. Ante a pregunta de si funciona
en GNU/Linux, a rapaza comentou que o sistema táctil sà funciona (igual que
un rato) pero o software Scrapbook aÃnda non, pero están nelo.
Ben, como conclusións do primeiro dÃa, dirÃa que:
- A táctica mercantil do software privativo é extender o seu monopolio entre a
ignorancia dos docentes sen importar o concepto da legalidade ou piraterÃa.
- Moitos proxectos premiados empregaron Software Libre como ferramentas
básicas aÃnda que entre o profesorado é un gran descoñecido. Coma exemplo,
unha pequena demostración dunha aplicación sinxela en 3D creou moita
espectación e asombro entre o público asistente, era de software privativo
pero que poderÃa facerse con Software Libre igual ou mellor.
- Os fabricantes de PDIs (pantalla dixital interactiva) ofrecen o seu software
privativo para que os docentes realicen contidos multimedia sen ter
coñecementos técnicos ou de programación pero este material non se pode
empregar no software doutro fabricante de pantallas. É dicir, os docentes
crean contidos que non poden compartir con aqueles que non teñan a mesma
pantalla táctil.
Ben, se teño tempo fago o resumo de hoxe dÃa 13. Se tedes algunha dúbida,
preguntádeme.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos RodrÃguez <capri99 en gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99 en ekiga.net>
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070413/641ca5a7/attachment.pgp