[Softlibre-edugal] Resumo día 13, Xornadas no IFEVI - Aulas con Software 2007
Carlos Rodriguez
capri99 en gmail.com
Sab Abr 14 02:25:02 CEST 2007
Ben, seguindo co resumo que fixen do dÃa anterior, este de agora adÃcase á
Xornada de "Aulas con Software 2007" do dÃa 13, venres.
Durante preto dunha hora, varios centros fixeron unha demo dos seus logros
empregando una Pizarra Dixital Interactiva pero desta vez da marca Smart
(distribuidos por Groupvision, http://www.groupvision.es/) empregando nesta
ocasión o software privativo da empresa chamado Smart Notebook.
Este software é moi potente, permitÃndolle ao docente arrastrar, mover,
escribir, borrar, incluir audio, imaxes, etc.
Con estas caracterÃsticas os docentes amosaron os contidos creados de moi
diversa Ãndole:
1.- Unha profesora de primaria ensinaba a unha nena cega cómo empregar a PDI
colocando unha serie de figurillas en diferentes puntos da pantalla que lle
permitÃan á nena localizar os iconos e interactuar segundo o que escoitaba
(iconos con son).
2.- Mediante o emprego de ferramentas de debuxo, fÃxose unha problema para
que o alumnado deseñara o seu propio mosaico a partires dun hexágono
modificado.
3.- PaÃses de Europa que se poden arrastrar e soltar para identificar as
diferentes etapas de creación da Unión Europea.
4.- Imaxes relixiosas ás que se lles ligaba coa súa historia o nome dos seus
autores ou a música dun autor clásico para logo deixar que o alumno volva a
reconstruir o rompecabezas.
5.- Para os máis pequenos na ensinanza especial, un karaoke da "Vaca Lechera"
moi simpático e moi alegre feito por dúas mestras que incluso nos cantaron
unha canción dun conto moi bonito, tamén feito por elas.
6.- Comentouse a experiencia nun dos centros que reclamaba axuda para a
instalación da pantalla, cableado e configuración. Incluso poderÃase
plantexar un compendio de pantalla, proxector, cableado e impresora como
solución todo en un. Tamén se queixaba de que non habÃa homoxeneidade nos
escritorios dos PCs e se demandaba un sistema modular válido para todos os
profesores. Este centro empregaba o Clic (software libre) para a creación de
contidos.
Logo desta sesión, pasamos á parte de ponencias de "Aplicacións e recursos
para o aula e iniciativas TIC"
1.- Comezou esta segunda parte co proxecto do C.R.A. (Colexio Rural Agrupado)
de Pontecesoa cargo de Rosa, Jose e Ivanna (moi simpática), formado por cinco
unidades situadas en cinco parroquias pertencentes a ese Concello. Este
proxecto está baseado na web "www.craescuela.net" onde lles ensinan aos nenos
dende o principio conceptos de rede ou colaboración. Coma as actividades non
son sempre presenciais, emprégase o correo electrónico como medio de
comunicación para facelas. Nos contidos empregan ferramentas prácticas, sexan
de Software Libre (OpenOffice) ou privativo. Nestas actividades os nenos e
nenas son os que participan activamente cos seus debuxos ou mesmo grabando a
súa voz mentres contan contos. Os contidos pódense descargar para que
traballen con eles.
Dentro da utilidade práctica das PDI, fixeron unha web especÃfica para estes
aparatos:
http://pizarramaxica.craescuela.net/index.htm
Nela hai moitÃsima información para empregar esta ferramenta, aÃnda que como
ben se indica na páxina principal, moitos contidos só funcionan cunha marca
concreta de pizarras e co seu software privativo.
Co seu traballo gañaron 3 premios e conseguiron outras tantas pizarras por
elo, ningunha delas é regalo da ConsellerÃa de Educación.
Expuseron o seu interese por crear unha plataforma global de comunicación
entre os profesores do ensino galego para compartir contidos, experiencias,
foros de debate, etc, etc, etc,... nunha palabra, un portal educativo
completo e actualizable polos docentes, incluso se atreveron a poñerlle
nome: "EDIGA".
2.- Webardora.net por José Manuel Bouzán. Está baseado en tecnoloxÃa Java e
traducido a 6 linguas. Como ben di na súa páxina web, Ardora é unha
aplicación informática que permite, a todas e todos os docentes, crear as
súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun
xeito moi sinxelo. Esto permite ter os exercicios incrustados no Moodle ou
Dokeos e asà ter unha plataforma de teleformación con exercicios feitos polos
docentes. Cumple co estándar de SCORM. Ardora non é software libre aÃnda que
é gratuito para uso educativo. Tedes exemplos das aplicacións en:
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/ (dentro de CONTOS DO RATO
PACO).
3.- Xesús Arribi de Mancomun.org interviu proporcionando información no
relativo ao Software Libre e a proxectos como a Forxa, Entrans, OpenOffice,
etc. Penso que a labor de Mancomun.org é de sobra coñecida polo que non
indico máis.
4.- Tadega.net volveu a amosar máis ou menos o mesmo do resumo do dÃa 12 (non
o repito).
5.- Manolo Paz, de Edugaliza.org, explicou o concepto desta web. Tenta ser un
compendio de material didáctico publicado por docentes feito con diferentes
ferramentas libres ou non.
Ata eiquà as conclusións que saquei son as seguintes:
- De novo, os contidos creados polos docentes baixo un programa privativo dun
fabricante de pizarras non servirá para outro fabricante e por tanto non
poderán compartilos.
- É preciso estructurar e catalogar o material que se vai creando para poñelo
a dispor dos compañeiros e compañeiras para que o poidan empregar pero esto é
soamente factible empregando estándares abertos. É preciso unha plataforma de
comunicación e intercambio entre os docentes.
Finalmente fÃxose a mesa redonda con varios participantes e debateuse o estado
actual das TIC no ensino. Nesa mesa redonda estaba Jose Luis dos servizos
informáticos da ConsellerÃa de Educación co que tivemos a reunión antes de
semana santa.
Como queixa maioitaria xurdiu a da falta de persoal que asesorara, configurara
e instalara o equipamento TIC entregado pola ConsellerÃa, ademáis de formar
ao profesorado para incorporar estas tecnoloxÃas na docencia. Jose Luis,
comenta que a dÃa de hoxe non se está plantexando este novo persoal TIC a
corto prazo para os centros pero alomenos hay documentos enriba da mesa que
poñen en evidencia esta falta de persoal.
De novo, saiu a imaxen do persoal voluntario docente que co seu traballo e
esforzo está a levar adiante os servizos que precisan os seus compañeiros e
compañeiras no referente ás TIC e que o alumnado reciba a mellor atención
posible.
A todos eles, grazas :-)
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos RodrÃguez <capri99 en gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99 en ekiga.net>
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070414/5eeaf3f4/attachment.pgp