[Softlibre-edugal] Resumo día 13, Xornadas no IFEVI - Aulas con Software 2007

ulla en edu.xunta.es ulla en edu.xunta.es
Dom Abr 15 16:22:04 CEST 2007


boas tardes...

lendo o amplisimo resumo enviado por carlos comentar que no enlace da web pizarra maxica ao final faltalle un "l " é:  .html

moitas grazas pola informacion...

saudos
------------ próxima parte ------------
Ben, seguindo co resumo que fixen do día anterior, este de agora adícase á 
Xornada de "Aulas con Software 2007" do día 13, venres.

Durante preto dunha hora, varios centros fixeron unha demo dos seus logros 
empregando una Pizarra Dixital Interactiva pero desta vez da marca Smart 
(distribuidos por Groupvision, http://www.groupvision.es/) empregando nesta 
ocasión o software privativo da empresa chamado Smart Notebook.
Este software é moi potente, permitíndolle ao docente arrastrar, mover, 
escribir, borrar, incluir audio, imaxes, etc.
Con estas características os docentes amosaron os contidos creados de moi 
diversa índole:

	1.- Unha profesora de primaria ensinaba a unha nena cega cómo empregar a PDI 
colocando unha serie de figurillas en diferentes puntos da pantalla que lle 
permitían á nena localizar os iconos e interactuar segundo o que escoitaba 
(iconos con son).
	2.- Mediante o emprego de ferramentas de debuxo, fíxose unha problema para 
que o alumnado deseñara o seu propio mosaico a partires dun hexágono 
modificado.
	3.- Países de Europa que se poden arrastrar e soltar para identificar as 
diferentes etapas de creación da Unión Europea.
	4.- Imaxes relixiosas ás que se lles ligaba coa súa historia o nome dos seus 
autores ou a música dun autor clásico para logo deixar que o alumno volva a 
reconstruir o rompecabezas.
	5.- Para os máis pequenos na ensinanza especial, un karaoke da "Vaca Lechera" 
moi simpático e moi alegre feito por dúas mestras que incluso nos cantaron 
unha canción dun conto moi bonito, tamén feito por elas.
	6.- Comentouse a experiencia nun dos centros que reclamaba axuda para a 
instalación da pantalla, cableado e configuración. Incluso poderíase 
plantexar un compendio de pantalla, proxector, cableado e impresora como 
solución todo en un. Tamén se queixaba de que non había homoxeneidade nos 
escritorios dos PCs e se demandaba un sistema modular válido para todos os 
profesores. Este centro empregaba o Clic (software libre) para a creación de 
contidos.

Logo desta sesión, pasamos á parte de ponencias de "Aplicacións e recursos 
para o aula e iniciativas TIC"

	1.- Comezou esta segunda parte co proxecto do C.R.A. (Colexio Rural Agrupado) 
de Pontecesoa cargo de Rosa, Jose e Ivanna (moi simpática), formado por cinco 
unidades situadas en cinco parroquias pertencentes a ese Concello. Este 
proxecto está baseado na web "www.craescuela.net" onde lles ensinan aos nenos 
dende o principio conceptos de rede ou colaboración. Coma as actividades non 
son sempre presenciais, emprégase o correo electrónico como medio de 
comunicación para facelas. Nos contidos empregan ferramentas prácticas, sexan 
de Software Libre (OpenOffice) ou privativo.  Nestas actividades os nenos e 
nenas son os que participan activamente cos seus debuxos ou mesmo grabando a 
súa voz mentres contan contos. Os contidos pódense descargar para que 
traballen con eles.
	Dentro da utilidade práctica das PDI, fixeron unha web específica para estes 
aparatos:
	http://pizarramaxica.craescuela.net/index.htm
Nela hai moitísima información para empregar esta ferramenta, aínda que como 
ben se indica na páxina principal, moitos contidos só funcionan cunha marca 
concreta de pizarras e co seu software privativo.
Co seu traballo gañaron 3 premios e conseguiron outras tantas pizarras por 
elo, ningunha delas é regalo da Consellería de Educación.

Expuseron o seu interese por crear unha plataforma global de comunicación 
entre os profesores do ensino galego para compartir contidos, experiencias, 
foros de debate, etc, etc, etc,... nunha palabra, un portal educativo 
completo e actualizable polos docentes, incluso se atreveron a poñerlle 
nome: "EDIGA".

	2.- Webardora.net por José Manuel Bouzán. Está baseado en tecnoloxía Java e 
traducido a 6 linguas. Como ben di na súa páxina web, Ardora é unha 
aplicación informática que permite, a todas e todos os docentes, crear as 
súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun 
xeito moi sinxelo. Esto permite ter os exercicios incrustados no Moodle ou 
Dokeos e así ter unha plataforma de teleformación con exercicios feitos polos 
docentes. Cumple co estándar de SCORM. Ardora non é software libre aínda que 
é gratuito para uso educativo. Tedes exemplos das aplicacións en:
	http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/     (dentro de CONTOS DO RATO 
PACO).

	3.- Xesús Arribi de Mancomun.org interviu proporcionando información no 
relativo ao Software Libre e a proxectos como a Forxa, Entrans, OpenOffice, 
etc. Penso que a labor de Mancomun.org é de sobra coñecida polo que non 
indico máis.

	4.- Tadega.net volveu a amosar máis ou menos o mesmo do resumo do día 12 (non 
o repito).

	5.- Manolo Paz, de Edugaliza.org, explicou o concepto desta web. Tenta ser un 
compendio de material didáctico publicado por docentes feito con diferentes 
ferramentas libres ou non.

Ata eiquí as conclusións que saquei son as seguintes:

- De novo, os contidos creados polos docentes baixo un programa privativo dun 
fabricante de pizarras non servirá para outro fabricante e por tanto non 
poderán compartilos.

- É preciso estructurar e catalogar o material que se vai creando para poñelo 
a dispor dos compañeiros e compañeiras para que o poidan empregar pero esto é 
soamente factible empregando estándares abertos. É preciso unha plataforma de 
comunicación e intercambio entre os docentes.

Finalmente fíxose a mesa redonda con varios participantes e debateuse o estado 
actual das TIC no ensino. Nesa mesa redonda estaba Jose Luis dos servizos 
informáticos da Consellería de Educación co que tivemos a reunión antes de 
semana santa.

Como queixa maioitaria xurdiu a da falta de persoal que asesorara, configurara 
e instalara o equipamento TIC entregado pola Consellería, ademáis de formar 
ao profesorado para incorporar estas tecnoloxías na docencia. Jose Luis, 
comenta que a día de hoxe non se está plantexando este novo persoal TIC a 
corto prazo para os centros pero alomenos hay documentos enriba da mesa que 
poñen en evidencia esta falta de persoal.

De novo, saiu a imaxen do persoal voluntario docente que co seu traballo e 
esforzo está a levar adiante os servizos que precisan os seus compañeiros e 
compañeiras no referente ás TIC e que o alumnado reciba a mellor atención 
posible.

A todos eles, grazas :-)

Un cordial saúdo,

-- 
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99 en gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99 en ekiga.net>
------------ próxima parte ------------
_______________________________________________
Lista de correo Softlibre-edugal 
Softlibre-edugal en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal