[Softlibre-edugal] Resumo día 13, Xornadas no IFEVI - Aulas con Software 2007

Cesareo Garci’a Rodicio cesareo en cesareox.com
Dom Abr 15 21:15:43 CEST 2007


Hola

O primeiro agradecer o informe periodístico, moi bo. No noso centro 
viñeron a ofertar o das pizarras electrónicas, e aínda que hai centros 
que as empregan e moi ben eu creo que non son adecuadas en xeral.

Coincido no que di Carlos:
- Non usan estándares no que podes facer.
- No caso das pizarras que viñeron ó noso centro non ían con Linux

Unha proba mais de que as novas tecnoloxías en educación presentan 
moitas posibilidades pero esquecen cousas importantes para súa 
aplicación práctica.

E aínda que polo que viu Carlos hai materiales e uso de novas 
tecnoloxias moi bos, pero eu pregúntome si eso é extrapolable a nosa 
comundidade docente. Unha por formación, e outra por tempo de adicacion.

Neso senso é importante o que se apuntaba de compartir o coñecemento (o 
de sempre). Pero si os materiales non están en formatos estándar, é o de 
sempre.

Saúdos
Cesáreo


ulla en edu.xunta.es escribió:
> boas tardes...
> 
> lendo o amplisimo resumo enviado por carlos comentar que no enlace da web pizarra maxica ao final faltalle un "l " é:  .html
> 
> moitas grazas pola informacion...
> 
> saudos
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> Ben, seguindo co resumo que fixen do día anterior, este de agora adícase á 
> Xornada de "Aulas con Software 2007" do día 13, venres.
> 
> Durante preto dunha hora, varios centros fixeron unha demo dos seus logros 
> empregando una Pizarra Dixital Interactiva pero desta vez da marca Smart 
> (distribuidos por Groupvision, http://www.groupvision.es/) empregando nesta 
> ocasión o software privativo da empresa chamado Smart Notebook.
> Este software é moi potente, permitíndolle ao docente arrastrar, mover, 
> escribir, borrar, incluir audio, imaxes, etc.
> Con estas características os docentes amosaron os contidos creados de moi 
> diversa índole:
> 
> 	1.- Unha profesora de primaria ensinaba a unha nena cega cómo empregar a PDI 
> colocando unha serie de figurillas en diferentes puntos da pantalla que lle 
> permitían á nena localizar os iconos e interactuar segundo o que escoitaba 
> (iconos con son).
> 	2.- Mediante o emprego de ferramentas de debuxo, fíxose unha problema para 
> que o alumnado deseñara o seu propio mosaico a partires dun hexágono 
> modificado.
> 	3.- Países de Europa que se poden arrastrar e soltar para identificar as 
> diferentes etapas de creación da Unión Europea.
> 	4.- Imaxes relixiosas ás que se lles ligaba coa súa historia o nome dos seus 
> autores ou a música dun autor clásico para logo deixar que o alumno volva a 
> reconstruir o rompecabezas.
> 	5.- Para os máis pequenos na ensinanza especial, un karaoke da "Vaca Lechera" 
> moi simpático e moi alegre feito por dúas mestras que incluso nos cantaron 
> unha canción dun conto moi bonito, tamén feito por elas.
> 	6.- Comentouse a experiencia nun dos centros que reclamaba axuda para a 
> instalación da pantalla, cableado e configuración. Incluso poderíase 
> plantexar un compendio de pantalla, proxector, cableado e impresora como 
> solución todo en un. Tamén se queixaba de que non había homoxeneidade nos 
> escritorios dos PCs e se demandaba un sistema modular válido para todos os 
> profesores. Este centro empregaba o Clic (software libre) para a creación de 
> contidos.
> 
> Logo desta sesión, pasamos á parte de ponencias de "Aplicacións e recursos 
> para o aula e iniciativas TIC"
> 
> 	1.- Comezou esta segunda parte co proxecto do C.R.A. (Colexio Rural Agrupado) 
> de Pontecesoa cargo de Rosa, Jose e Ivanna (moi simpática), formado por cinco 
> unidades situadas en cinco parroquias pertencentes a ese Concello. Este 
> proxecto está baseado na web "www.craescuela.net" onde lles ensinan aos nenos 
> dende o principio conceptos de rede ou colaboración. Coma as actividades non 
> son sempre presenciais, emprégase o correo electrónico como medio de 
> comunicación para facelas. Nos contidos empregan ferramentas prácticas, sexan 
> de Software Libre (OpenOffice) ou privativo.  Nestas actividades os nenos e 
> nenas son os que participan activamente cos seus debuxos ou mesmo grabando a 
> súa voz mentres contan contos. Os contidos pódense descargar para que 
> traballen con eles.
> 	Dentro da utilidade práctica das PDI, fixeron unha web específica para estes 
> aparatos:
> 	http://pizarramaxica.craescuela.net/index.htm
> Nela hai moitísima información para empregar esta ferramenta, aínda que como 
> ben se indica na páxina principal, moitos contidos só funcionan cunha marca 
> concreta de pizarras e co seu software privativo.
> Co seu traballo gañaron 3 premios e conseguiron outras tantas pizarras por 
> elo, ningunha delas é regalo da Consellería de Educación.
> 
> Expuseron o seu interese por crear unha plataforma global de comunicación 
> entre os profesores do ensino galego para compartir contidos, experiencias, 
> foros de debate, etc, etc, etc,... nunha palabra, un portal educativo 
> completo e actualizable polos docentes, incluso se atreveron a poñerlle 
> nome: "EDIGA".
> 
> 	2.- Webardora.net por José Manuel Bouzán. Está baseado en tecnoloxía Java e 
> traducido a 6 linguas. Como ben di na súa páxina web, Ardora é unha 
> aplicación informática que permite, a todas e todos os docentes, crear as 
> súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun 
> xeito moi sinxelo. Esto permite ter os exercicios incrustados no Moodle ou 
> Dokeos e así ter unha plataforma de teleformación con exercicios feitos polos 
> docentes. Cumple co estándar de SCORM. Ardora non é software libre aínda que 
> é gratuito para uso educativo. Tedes exemplos das aplicacións en:
> 	http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/     (dentro de CONTOS DO RATO 
> PACO).
> 
> 	3.- Xesús Arribi de Mancomun.org interviu proporcionando información no 
> relativo ao Software Libre e a proxectos como a Forxa, Entrans, OpenOffice, 
> etc. Penso que a labor de Mancomun.org é de sobra coñecida polo que non 
> indico máis.
> 
> 	4.- Tadega.net volveu a amosar máis ou menos o mesmo do resumo do día 12 (non 
> o repito).
> 
> 	5.- Manolo Paz, de Edugaliza.org, explicou o concepto desta web. Tenta ser un 
> compendio de material didáctico publicado por docentes feito con diferentes 
> ferramentas libres ou non.
> 
> Ata eiquí as conclusións que saquei son as seguintes:
> 
> - De novo, os contidos creados polos docentes baixo un programa privativo dun 
> fabricante de pizarras non servirá para outro fabricante e por tanto non 
> poderán compartilos.
> 
> - É preciso estructurar e catalogar o material que se vai creando para poñelo 
> a dispor dos compañeiros e compañeiras para que o poidan empregar pero esto é 
> soamente factible empregando estándares abertos. É preciso unha plataforma de 
> comunicación e intercambio entre os docentes.
> 
> Finalmente fíxose a mesa redonda con varios participantes e debateuse o estado 
> actual das TIC no ensino. Nesa mesa redonda estaba Jose Luis dos servizos 
> informáticos da Consellería de Educación co que tivemos a reunión antes de 
> semana santa.
> 
> Como queixa maioitaria xurdiu a da falta de persoal que asesorara, configurara 
> e instalara o equipamento TIC entregado pola Consellería, ademáis de formar 
> ao profesorado para incorporar estas tecnoloxías na docencia. Jose Luis, 
> comenta que a día de hoxe non se está plantexando este novo persoal TIC a 
> corto prazo para os centros pero alomenos hay documentos enriba da mesa que 
> poñen en evidencia esta falta de persoal.
> 
> De novo, saiu a imaxen do persoal voluntario docente que co seu traballo e 
> esforzo está a levar adiante os servizos que precisan os seus compañeiros e 
> compañeiras no referente ás TIC e que o alumnado reciba a mellor atención 
> posible.
> 
> A todos eles, grazas :-)
> 
> Un cordial saúdo,
> 
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal