[Softlibre-edugal] Resumo día 13, Xornadas no IFEVI - Aulas con Software 2007
Carlos Rodriguez
capri99 en gmail.com
Lun Abr 16 21:10:32 CEST 2007
El Domingo, 15 de Abril de 2007, Cesareo Garci’a Rodicio escribió:
> Hola
>
> O primeiro agradecer o informe periodístico, moi bo. No noso centro
> viñeron a ofertar o das pizarras electrónicas, e aínda que hai centros
> que as empregan e moi ben eu creo que non son adecuadas en xeral.
>
> Coincido no que di Carlos:
> - Non usan estándares no que podes facer.
> - No caso das pizarras que viñeron ó noso centro non ían con Linux
Ben o sábado 14 estiven no recinto ferial preguntándolle aos expositores polas
características das pantallas e logo descargueime o software dun deles para
GNU/Linux, e vos transmito as miñas impresións:
O fabricante de PDI (Pizarras Dixitais Interactivas) SMART ten o
software "SMART Board versión 9.5" nativo para GNU/Linux. A licencia deste
programa non é libre, permítese traballar con él sempre e cando se posúa un
producto SMART (unha PDI). Nese caso, calquera persoa do centro onde esté a
PDI pode descargar e empregar o software gratuitamente. Segundo a licencia
non se debe empregar este software para hardware doutra marca.
Agora ben, a licencia indica que os contidos son propiedade de quen os creou
(lóxicamente) e almacénanse coa extensión ".notebook" pero en realidade é un
ficheiro ".zip" que contén outros ficheiros ".xml", ".svg", ".png" é dicir,
ten contido libre :-) Comprobeino cun ficheiro que me enviou a xente do CRA
de Ponteceso (grazas Jose).
Así que dentro do malo, non é tan malo. O software é privativo pero os
contidos non... polo tanto ábrese a porta para facer aplicacións que
traballen con eses contidos.
> E aínda que polo que viu Carlos hai materiales e uso de novas
> tecnoloxias moi bos, pero eu pregúntome si eso é extrapolable a nosa
> comundidade docente. Unha por formación, e outra por tempo de adicacion.
Penso que os docentes que fixeron as súas demos o venres pola maña recibiron
algo de formación por parte do distribuidor (Groupvision).
> Neso senso é importante o que se apuntaba de compartir o coñecemento (o
> de sempre). Pero si os materiales non están en formatos estándar, é o de
> sempre.
Ben, coma dicía, podería haber unha posibilidade para compartir os
coñecementos.
No referente ao outro fabricante, eBeam, non puiden comprobar o software
porque non hai versión para GNU/Linux :-(
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99 en gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99 en ekiga.net>
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070416/42734d45/attachment.pgp