[Softlibre-edugal] clonar equipos
juanlopezsanchez en edu.xunta.es
juanlopezsanchez en edu.xunta.es
Mar Abr 24 12:46:00 CEST 2007
Ola!! Antes de nada presentarme.
Son Juan López e son profesor no ies lois peña novo de vilalba. Leo de cotío esta lista pero ata agora
non tiven oportunidade de intervir.
Gustaríame comentar o sistema de clonado que usamos, a partir na súa maioría de comentarios que
saíron da lista e outros de Manuel (Morán).
A idea é usar un sistema que só con encender os equipos dun aula, dende un servidor central se poidan clonar.
Usamos a tecnoloxía dos clientes lixeiros pxes e o partimage
É similar ó sistema do ies chan do monte pero:
1.- Non é necesario ter instalado fedora nin ningún linux nos equipos. Non por gusto senón porque moita xente non querería por desgracia linux nos seus equipos. Así que buscamo-la maneira de ter ssh sin contraseña no esquipos configurando o pxes que arrinque cun servidor ssh e comparta o disco duro local. Arrancamos todos os clientes lixeiros sen entorno gráfico, só consola...
2.- Para copialo mbr e a tabra de particions con dd e sfdisk como xa se comentou.
3..- Para copia-la partición "partimage" e despois de pelexarnos con el conseguímolo. Por exemplo crear unha imaxe dunha partición de 80Gigas ó servidor dun equipo usado (fragmentado a tope) e en nosa pobre rede de 100Mb, con dd levounos ben un par de horas e 10 gigas de tamaño comprimida. Pero con este programa 15 minutos e 3 Gigas de tamaño.
Ademáis pódese usa-lo partimage en batch-mode así que non é complicado facer scripts dende un servidor para clonar equipos en masa.
Non sei se fará falla, pero tentarei facer nun plazo breve un pequeno documento con todos os detalles de configuración e tódolos problemas cos que nos atopamos. Xa o colgarei.
Un saúdo a todos
Juan López