[Softlibre-edugal] clonar equipos
Alejandro Feijóo
alfeijoo en gmail.com
Mar Abr 24 13:13:05 CEST 2007
Ola Juan.
Probastedes a facer a restauración? porque estaria interesado en implementar
unha ferramenta de clonado pero para usar como backup de disco e quizais
poidas darme unhas guias de como facer co partimage. eu tenho un disco raid
e necesito facer unha backup de todo o disco e despois poder recuperalo sen
ter sistema operativo, algo que ofrecia o SystemImager pero que nom logrei
facer.
El día 24/04/07, juanlopezsanchez en edu.xunta.es <
juanlopezsanchez en edu.xunta.es> escribió:
>
> Ola!! Antes de nada presentarme.
> Son Juan López e son profesor no ies lois peña novo de vilalba. Leo de
> cotío esta lista pero ata agora
> non tiven oportunidade de intervir.
> Gustaríame comentar o sistema de clonado que usamos, a partir na súa
> maioría de comentarios que
> saíron da lista e outros de Manuel (Morán).
>
> A idea é usar un sistema que só con encender os equipos dun aula, dende un
> servidor central se poidan clonar.
> Usamos a tecnoloxía dos clientes lixeiros pxes e o partimage
> É similar ó sistema do ies chan do monte pero:
>
> 1.- Non é necesario ter instalado fedora nin ningún linux nos equipos. Non
> por gusto senón porque moita xente non querería por desgracia linux nos seus
> equipos. Así que buscamo-la maneira de ter ssh sin contraseña no esquipos
> configurando o pxes que arrinque cun servidor ssh e comparta o disco duro
> local. Arrancamos todos os clientes lixeiros sen entorno gráfico, só
> consola...
>
> 2.- Para copialo mbr e a tabra de particions con dd e sfdisk como xa se
> comentou.
> 3..- Para copia-la partición "partimage" e despois de pelexarnos con el
> conseguímolo. Por exemplo crear unha imaxe dunha partición de 80Gigas ó
> servidor dun equipo usado (fragmentado a tope) e en nosa pobre rede de
> 100Mb, con dd levounos ben un par de horas e 10 gigas de tamaño comprimida.
> Pero con este programa 15 minutos e 3 Gigas de tamaño.
>
> Ademáis pódese usa-lo partimage en batch-mode así que non é complicado
> facer scripts dende un servidor para clonar equipos en masa.
>
> Non sei se fará falla, pero tentarei facer nun plazo breve un pequeno
> documento con todos os detalles de configuración e tódolos problemas cos que
> nos atopamos. Xa o colgarei.
>
> Un saúdo a todos
>
> Juan López
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070424/01b4778a/attachment.htm