[Softlibre-edugal] Guía de iniciación ao OpenOffice.org en galego
Roberto Brenlla
brenlla en gmail.com
Lun Abr 30 20:12:48 CEST 2007
Olá,
CTI TEGNIX <http://www.tegnix.com/> dará cursos no CIS
Galicia<http://www.cisgalicia.org/>(Cabanas-Ferrol) sobre a
suite ofimática OpenOffice.org. Para isto seleccionou capítulos da Guía de
Iniciación de OOo-Authors <http://oooauthors.org/en/>, traduciunos, engadiu
textos para practicas e até preparou uns sinxelos videos explicativos.
Podedes descargar tanto os PDF como as fontes, nesta
ligazón<http://www.tegnix.com/OOo/>.
Os videos están
aquí<http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_remository/Itemid,111/func,select/id,19/>
.
Algúns comentarios ao redor desta iniciativa:
- Ofrecerase este material á comunidade, de xeito libre con licenza
Creative Commons 2.5
Recoñecemento<http://creativecommons.org/licenses/by/2.5/deed.gl>,
a través de Mancomun.org <http://mancomun.org/> (incluidos os videos).
Moitas persoas e organizacións pódense beneficiar deste traballo.
- Dado que se trata dunha selección de capítulos, aínda restan uns
poucos por seren traducidos.
- Porén, si están os esenciais para cursos non moi extensos: Writer,
Calc, Base, Impress, Estilos e Modelos. Faltan Draw ou Math.
- Eliximos a Guía de OOoAuthors por ser máis breve cá oficial de OOo.
A de OOo ten un mínimo de 500 páxinas, a de OOoAuthors se adecúa mellor a
cursos de 10 a 30 horas, en función das habilidades didácticas.
- O traballo conxunto consta de 7 documentos, 173 páxinas, +35.000
palabras…
- Nesta guía traballaron 4 persoas (3 traduciron e 1 para videos e
supervisión).
- As traducións están a moi bo nivel. Porén, sería ideal dispor dunha
ulterior armonización e normativización.
- Tamén sería ideal que nacera unha comunidade galega específica para
o OOo, ao xeito do que xa existe noutros países. Estou en contacto con
*Claudio F. Filho* (BR-Office <http://www.openoffice.org.br/>) para
tentar organizar un evento a través de AGNIX
<http://www.agnix.org/>antes de rematar este ano.
- Alomenos sería ideal que se partira desta traballo para completalo e
logo actualizalo, abríndoo á participación da comunidade con ferramentas
tipo wiki ou afíns.
- Estivemos tentados a reutilizar traballos feitos por diversas
iniciativas galegas. Nembargantes, a decisión final sopesou moitos factores,
entres eles a urxencia en dispor dalgo cen por cen eficaz e maila
modularidade de contidos.
Dende C.T.I. TEGNIX confiamos que sexa do agrado da comunidade e, sobor de
todo, de moita utilidade.
Saúdos,
--
Roberto Brenlla
http://www.agnix.org http://brenlla.blogaliza.org/
GNU/Linux # 124.437 http://counter.li.org/
VoIP: brenlla en ekiga.net
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070430/b3d96fed/attachment.htm