[Softlibre-edugal] Microsoft negocia coa Xunta
María Ferreiro
calustra_gz en yahoo.es
Lun Abr 30 20:45:49 CEST 2007
Tirado de http://www.vieiros.com/nova/57903/microsoft-negocia-coa-xunta-para-meter-mais-programas-seus-nas-aulas
MALIA QUE O PEGSI APOSTA POLAS APLICACIÓNS ABERTAS
Microsoft negocia coa Xunta para meter máis programas seus nas aulas A presidenta de Microsoft argumenta que o uso de software libre nas aulas limita as posibilidades dos alumnos de ter éxito no mercado laboral.
Manuel Vilas - 17:54 30/04/2007
Fontes de Microsoft aseguraron hoxe a Vieiros que o xigante norteamericano está en negociacións co Goberno Galego para a incorporación de máis ferramentas informáticas desta empresa. Confírmase así o adiantado pola presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa María García, nunha entrevista co xornal estremeño Hoy, na que sinalou que “estamos pendentes de chegar a un acordo coa Xunta de Galicia”.
Un voceiro da Presidencia da Xunta indicou que a negociación trata, entre outros puntos, sobre a incorporación de programas informáticos de Microsoft ás aulas do ensino público galego. Isto sucede a pesar que o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información -un documento aprobado polo Consello da Xunta e elaborado pola Consellería de Innovación- aposta especificamente pola “adopción de estándares abertos por parte da Xunta de Galicia”.
A aparente contradición entre o que indica o PEGSI e as negociacións con Microsoft foi obxecto de críticas na rede social galega Chuza!.
Microsoft contrataca
Nos últimos tempos, Microsoft está intentando contrarrestar ao software libre, que gaña apoios entre as administracións. O PEGSI indica que o software libre -que si traballa con estándares abertos, a diferenza dos programas propietarios de Microsoft- permite “un aforro de custos” e “unha migración gradual, eficiente e evolutiva entre plataformas”. Andalucía e Estremadura son outras das autonomías que, oficialmente, apostan polos programas abertos.
Na entrevista con Hoy, a máxima responsábel de Microsoft na Península advirte que o número de internautas está a decrecer precisamente nas autonomías que invisten en software libre. Tamén argumenta que o seu uso nas aulas restrinxe as posibilidade dos alumnos de integrarse no mercado laboral.
Rosa María García mantivo un encontro co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o pasado 18 de abril.
---------------------------------
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070430/ef662515/attachment.htm