[Softlibre-edugal] Microsoft negocia coa Xunta

Cesareo Garci’a Rodicio cesareo en cesareox.com
Lun Abr 30 21:42:16 CEST 2007


Hola

Primeiro , en realidade, non estou dacordo cosa razóns que esgrime a 
presidenta de Microsoft e non sei de onde saca os datos de menor impacto 
e penetración de Internet. Porqué en realidade é certo, pero non por 
optar polo software libre senón por outras razóns (históricas, sociais, 
demográficas e de infraestructura).

Segundo, creo que ten parte de razón, porque os nosos alumnos (alomenos 
os meus) encóntranse que súa realidade despois e que traballan con 
software Windows. Entón o ideal e negociar e que tanto eles e quen sexa 
(Apple tamén, ou Sun ou quen sexa) nos otorguen licencias para os centros.

Como xa dixen na lista, non vexo moi lóxigo impoñer dende a 
administración o uso dun tipo de software, o que sí habería que impor é 
o uso de estándares abertos. Eu creo que nese senso a batalla sí pode 
ser ganada.

Saúdos
Cesáreo

María Ferreiro escribió:
> *//*Tirado de 
> http://www.vieiros.com/nova/57903/microsoft-negocia-coa-xunta-para-meter-mais-programas-seus-nas-aulas
> 
> MALIA QUE O PEGSI APOSTA POLAS APLICACIÓNS ABERTAS
> 
> 
>     Microsoft negocia coa Xunta para meter máis programas seus nas aulas
> 
> A presidenta de Microsoft argumenta que o uso de software libre nas 
> aulas limita as posibilidades dos alumnos de ter éxito no mercado laboral.
> Manuel Vilas - 17:54 30/04/2007
> 
> 
> Fontes de Microsoft aseguraron hoxe a Vieiros que o xigante 
> norteamericano está en negociacións co Goberno Galego para a 
> incorporación de máis ferramentas informáticas desta empresa. Confírmase 
> así o adiantado pola presidenta de Microsoft Ibérica 
> <http://www.microsoft.com/spain/>, Rosa María García, nunha entrevista 
> <http://www.hoy.es/prensa/20070427/regional/microsoft-puede-aportar-mucho_20070427.html> 
> co xornal estremeño Hoy, na que sinalou que “estamos pendentes de chegar 
> a un acordo coa Xunta de Galicia”.
> 
> Un voceiro da Presidencia da Xunta indicou que a negociación trata, 
> entre outros puntos, sobre a incorporación de programas informáticos de 
> Microsoft ás aulas do ensino público galego. Isto sucede a pesar que o 
> Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información -un documento 
> aprobado polo Consello da Xunta e elaborado pola Consellería de 
> Innovación- aposta especificamente 
> <http://sociedadedainformacion.eu/pegsi/pegsi_det.php?id_l=054,066,179&lg=gal> 
> pola “adopción de estándares abertos por parte da Xunta de Galicia”.
> 
> A aparente contradición entre o que indica o PEGSI 
> <http://www.sociedadedainformacion.eu/> e as negociacións con Microsoft 
> foi obxecto de críticas na rede social galega Chuza! 
> <http://chuza.org/historia/microsoft-e-a-xunta-negociando-un-acordo/>.
> 
> *Microsoft contrataca*
> Nos últimos tempos, Microsoft está intentando contrarrestar ao software 
> libre, que gaña apoios entre as administracións. O PEGSI indica que o 
> software libre -que si traballa con estándares abertos, a diferenza dos 
> programas propietarios de Microsoft- permite “un aforro de custos” e 
> “unha migración gradual, eficiente e evolutiva entre plataformas”. 
> Andalucía e Estremadura son outras das autonomías que, oficialmente, 
> apostan polos programas abertos.
> 
> Na entrevista con Hoy, a máxima responsábel de Microsoft na Península 
> advirte que o número de internautas está a decrecer precisamente nas 
> autonomías que invisten en software libre. Tamén argumenta que o seu uso 
> nas aulas restrinxe as posibilidade dos alumnos de integrarse no mercado 
> laboral.
> 
> Rosa María García mantivo un encontro <http://novas.xunta.es/node/5494> 
> co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o pasado 18 de abril.
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
> Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
> http://es.voice.yahoo.com 
> <http://us.rd.yahoo.com/mail/es/tagline/messenger/*http://es.voice.yahoo.com/> 
> 
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal