[Softlibre-edugal] Artículo de la nueva A Nosa Terra

franmate en gmail.com franmate en gmail.com
Ven Dec 7 10:27:44 CET 2007


Un saudo,

Inmigrante e nativos. Vaias donde vaias, leas o que leas sempre hai
alguén disposto a falar de inmigrantes e nativos dixitais. Estas
palabras convértense na frase estrela das coferencias, sexa Jordi
Adell ou Perico Pérez, todos están dispostos a sorprender ao auditorio
coa dichosa comparativa.

E temos que replantexar o tema, porque isto das TIC non o inventaron
onte. Eu que lembre , xa levamos moitos anos con ordenadores nos
centros educativos, non en todos, certo, o proxecto Abrente comezou en
1984, o proxecto Estrela en 1987, a ferramenta de autor "clic" foi
desenvolvida en 1992 ..................

É que podemos falar de novas tecnoloxías?

Investir en hardware é importante, pero moito menos que investir en
formación. Un importante paso adiante sería mellorar os plans de
formación, facéndoos máis realistas e menos hipócritas.....

Fran Macías