[Softlibre-edugal] Noraboa Manuel!
Alberto Garcia
agarcia en igalia.com
Mar Dec 18 17:47:09 CET 2007
http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=1639
Manuel Morán Vaquero, do IES Chan do Monte de Marín, gañou os premios
a recursos educativos na súa categoría de software libre. Así o
anuncia hoxe o Diario Oficial de Galicia.
Barato e 100% legal
A Xunta premia así a labor deste pioneiro profesor de informática, que
organizou a migración dos programas do seu centro a software libre.
Vaquero logrou así aforrar miles de euros ao centro todos os anos. O
instituto tamén pasou a ter, ademais, todos as súas aplicacións 100%
legais, algo do que poden presumir moi poucos centros no país.
Vaquero é tamén coautor de Traducíndote (xunto co seu ex-alumno Óscar
Hermida). Esta aplicación web é quen, entre outras funcións, de
traducir automaticamente entre galego e castelán conservando o formato
dos documentos.
Aulas en galego
Francisco Taboada, do IES de Rodeira en Cangas, acadou o segundo
premio, por un proxecto de WebSqusr, un sistema para o control do
acceso a internet.
O terceiro foi para Teo Ramírez por Galinux, unha distribución de
Linux especialmente pensada para o ensino. Ramiro coordina a unha
ducia de profesores, principalmente de Ferrolterra, que crearon unha
versión en galego de Linux, que é moi lixeira e que evita que os
rapaces danen o disco duro.
--
Alberto García González
http://people.igalia.com/berto/