[Softlibre-edugal] Noraboa Manuel!

ygulla en edu.xunta.es ygulla en edu.xunta.es
Mar Dec 18 18:00:33 CET 2007


Enhorabuena para Oscar Hermida también.

Yolanda.

----- Mensaxe orixinal -----
De: Alberto Garcia <agarcia en igalia.com>
Data: Martes, Decembro 18, 2007 5:47 pm
Asunto: [Softlibre-edugal] Noraboa Manuel!

> http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=1639
> 
> Manuel Morán Vaquero, do IES Chan do Monte de Marín, gañou os premios
> a recursos educativos na súa categoría de software libre. Así o
> anuncia hoxe o Diario Oficial de Galicia.
> 
> Barato e 100% legal
> 
> A Xunta premia así a labor deste pioneiro profesor de informática, que
> organizou a migración dos programas do seu centro a software libre.
> Vaquero logrou así aforrar miles de euros ao centro todos os anos. O
> instituto tamén pasou a ter, ademais, todos as súas aplicacións 100%
> legais, algo do que poden presumir moi poucos centros no país.
> 
> Vaquero é tamén coautor de Traducíndote (xunto co seu ex-alumno Óscar
> Hermida). Esta aplicación web é quen, entre outras funcións, de
> traducir automaticamente entre galego e castelán conservando o formato
> dos documentos.
> 
> Aulas en galego
> 
> Francisco Taboada, do IES de Rodeira en Cangas, acadou o segundo
> premio, por un proxecto de WebSqusr, un sistema para o control do
> acceso a internet.
> 
> O terceiro foi para Teo Ramírez por Galinux, unha distribución de
> Linux especialmente pensada para o ensino. Ramiro coordina a unha
> ducia de profesores, principalmente de Ferrolterra, que crearon unha
> versión en galego de Linux, que é moi lixeira e que evita que os
> rapaces danen o disco duro.
> 
> -- 
> Alberto García González
> http://people.igalia.com/berto/
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>