[Softlibre-edugal] Noraboa Manuel!

Teo teo en edu.xunta.es
Mar Dec 18 23:50:03 CET 2007


Non é que participe moito nesta lista, non, pero a ocasión ben paga a 
pena.

Só dar a miña noraboa pública a Manuel, Óscar e ós do outro traballo, 
ós que espero coñecer en xaneiro por Santiago (supoño que os que 
mandan nos convidarán a uns pinchos, ¿non?). Pero hai algo que o mesmo 
non é tan sabido: polo que  que teño coñecido do seu traballo no Chan 
do Monte, o Traducíndote é só a punta máis visible dun traballo 
exitoso e continuado que veñen facendo dende tempo atrás a prol do 
soft libre.

Algúns temos un motivo especial de ledicia neste nadal, pero este tipo 
de cousas son un éxito de toda a comunidade. Non habería traducíndote 
sen firefox coma non habería galinux-slax sin gnu, núcleos...

Dende os que fan patria co seu sinxelo exemplo coma usuarios ata ós 
que deenvolven, traducen, documentan, etc. A todos gracias, felices 
festas e que o novo ano nos traiga a todos un pouqiño máis de 
liberdade dixital.

Teo Ramírez e María Estraviz