[Softlibre-edugal] Linus Torvalds e o Principe de Asturias

Cesareo Garci’a Rodicio cesareo en cesareox.com
Mer Xuñ 20 20:15:16 CEST 2007


Hola

Bueno (sinto polo coñazo ó resto de membros da lista), según teño 
entendido en realidade Richard Stallman non platexou a problemática de 
cerra-lo software por Bill Gates, neses anos estaba, efectivamente 
comprando (como fan as empresas agora) QDOS e cólandolle a IBM que non 
se preocuparan polo software, que o deles era o hardware.

Home ,"inventado" quizais é moito dicir pero eu o creo así. O que era (e 
segue sendo en gran parte) "libre" é o coñecemento científico, non o 
software. Esta necesidade surdiu nese momento. E se non lembro mal non 
foi pro Bill Gates senón porque o seu grupo de traballo (Dpto 
Intelixencia Artificial no MIT) montou unha empresa e "cerrou" o 
software que él mesmo desenvolvia. Por eso tivo que traballar mais 
turnos e horas, durmir no laboratorio, etc, etc. Por eso faltamos de 
software cerrado/privativo ou aberto/libre, e para eso se inventaron as 
licencias. E dicir o software libre sí ten licencia, o que pasa e que te 
permite facer case todo o que queiras, excepto (e é importante) cerralo.

Respecto a discusión que tí dis sobre a GPLv3 (esto é para que a xente 
saiba, que inicialmente houbo unha discusión porque o kernel tén 
licencia GPL versión 2 e se estaba presionando para pasar a GPL versión 
3) pois a mín me parece sí unha discusión chorra que fai que de feito se 
gasten moitos recursos (que son escasos) en discusións e debates moi 
longos. Pero bueno é a desventaxa da comunidade, que noutros casos é 
ventaxa.

E aínda que estou de acordo sobre a GPLv3 (versión 3) en realidade creo 
que Richard Stallman se pasa nalgúns casos a algúns extremos. Aínda que 
de feito él defende que as empresas se lucren co uso de software libre 
(alomenos eso teño lido e escoitado directamente de él)

Linux e o proxecto real (que o fin e o cabo é o que lle interesa os 
usuarios) máis importante con licencia GPL, non sei cal outro pode ser. 
E tamén estou dacordo con autor de que escoller a licencia GPL non foi 
cuestión de ética e posicion política (quén e o xefe da ética?) senón 
porque era util e práctico. Eu tamén uso software libre (en gran parte) 
non por friki senón porque, con ese paradigma (modelo), son mais 
productivo (fago máis e mellores cousas no mesmo tempo). Ese e o meu 
tema, o resto deixoo para os filósofos (onde a discusión tamén é 
interesante)

E sobre a discusión esta do corporativismo imperialista, as empresas, o 
uso do diñeiro, e todo esto, pois mira, na miña experiencia e coa miña 
formación ata o día de hoxe, non creo nestas ideas e revolucións. A mín 
dame igual quén e incluso con qué ideoloxía, faga as cousas, polo menos 
que o intente. E Bill Gates, sexan cales sexan as súas razóns, e sen 
roubar a ningúen (aínda que non estou dacordo con moitas estratexias 
súas) fará o que considere oportuno coa súa pasta. E que non me podo 
creer que a estas alturas de siglo pensemos que Bill Gates parezca o 
demo, creo ademais que non nos axuda nada (os que promovemos o software 
libre quero dicir)

(Vaia rollo soltei)

Saúdos
Cesáreo