[Softlibre-edugal] Linus Torvalds e o Principe de Asturias

ruben en es.gnu.org ruben en es.gnu.org
Mer Xuñ 20 23:20:32 CEST 2007


> Hola
>
> Bueno (sinto polo coñazo ó resto de membros da lista)

Disculpome tamén por extender o off-topic, pero non hai unha lista xeral
para falar de software libre :(

>, según teño
> entendido en realidade Richard Stallman non platexou a problemática de
> cerra-lo software por Bill Gates, neses anos estaba, efectivamente
> comprando (como fan as empresas agora) QDOS e cólandolle a IBM que non
> se preocuparan polo software, que o deles era o hardware.

Non a plantexou "por" Bill Gates, pero cabe lembrar que éste enviou a sua
carta aberta os "aficcionados á programación" no 76, catro anos antes da
famosa historia de rms e o driver da impresora. En dita carta dicia: "Who
can afford to do professional work for nothing? What hobbyist can put
3-man years into programming, finding all bugs, documenting his product
and distribute for free?" A resposta naqueles tempos era "todos". E por
sorte agora volve a existir unha comunidade de desenvolvedores que deste
xeito.
Esta carta é máis famosa por ser o documento no que se acuñou o termino
"software privativo", que naqueles tempos non existia. O software
repartíase abertamente sen licencia (do xeito que hoxe dicimos que é "de
dominio público"). Por desgracia moitos "aficcionados á programación"
fixéronlle caso e na actualidade o software libre é considerado unha
alternativa, e non a única forma correcta de distribuir software.

>
> Home ,"inventado" quizais é moito dicir pero eu o creo así. O que era (e
> segue sendo en gran parte) "libre" é o coñecemento científico, non o
> software. Esta necesidade surdiu nese momento. E se non lembro mal non
> foi pro Bill Gates senón porque o seu grupo de traballo (Dpto
> Intelixencia Artificial no MIT) montou unha empresa e "cerrou" o
> software que él mesmo desenvolvia. Por eso tivo que traballar mais
> turnos e horas, durmir no laboratorio, etc, etc. Por eso faltamos de
> software cerrado/privativo ou aberto/libre, e para eso se inventaron as
> licencias. E dicir o software libre sí ten licencia, o que pasa e que te
> permite facer case todo o que queiras, excepto (e é importante) cerralo.
>
> Respecto a discusión que tí dis sobre a GPLv3 (esto é para que a xente
> saiba, que inicialmente houbo unha discusión porque o kernel tén
> licencia GPL versión 2 e se estaba presionando para pasar a GPL versión
> 3) pois a mín me parece sí unha discusión chorra que fai que de feito se
> gasten moitos recursos (que son escasos) en discusións e debates moi
> longos. Pero bueno é a desventaxa da comunidade, que noutros casos é
> ventaxa.

Eu considero que é un tema importante, e toda discusión aporta algo. Coma
esta mesmamente :)

>
> E aínda que estou de acordo sobre a GPLv3 (versión 3) en realidade creo
> que Richard Stallman se pasa nalgúns casos a algúns extremos.

É certo. Eu sí bebo cocacola. No tocante o software, non vexo que sexa
extremista.

> Aínda que
> de feito él defende que as empresas se lucren co uso de software libre
> (alomenos eso teño lido e escoitado directamente de él)

Pois claro, dende GNU promovemos que todas as empresas de software se
lucren co seu traballo. O que non creemos e que "vender" software
privativo sexa ético.

> Linux e o proxecto real (que o fin e o cabo é o que lle interesa os
> usuarios) máis importante con licencia GPL, non sei cal outro pode ser.

Esa e unha preferencia persoal, e ofrecer unha alternativa so levaría a
infinitas discusións de méritos. Eu considero a GNU un proxecto de
software de maior envergadura e probablemente un dos máis "importantes".
Pero depende de que signifique pra cada un "importante".

> E tamén estou dacordo con autor de que escoller a licencia GPL non foi
> cuestión de ética e posicion política (quén e o xefe da ética?) senón
> porque era util e práctico. Eu tamén uso software libre (en gran parte)
> non por friki senón porque, con ese paradigma (modelo), son mais
> productivo (fago máis e mellores cousas no mesmo tempo). Ese e o meu
> tema, o resto deixoo para os filósofos (onde a discusión tamén é
> interesante)
>
> E sobre a discusión esta do corporativismo imperialista, as empresas, o
> uso do diñeiro, e todo esto, pois mira, na miña experiencia e coa miña
> formación ata o día de hoxe, non creo nestas ideas e revolucións. A mín
> dame igual quén e incluso con qué ideoloxía, faga as cousas, polo menos
> que o intente. E Bill Gates, sexan cales sexan as súas razóns, e sen
> roubar a ningúen

Unha persoa que merque un pc destes novos que levan vista preintalado non
ten dereito a prestar o seu pc, ou aprender como funciona. Ademais
microsoft reservase o dereito e prohibirte usar o software que mercaches
sen dar un motivo. Son cousas que estan moi preto do roubo.

> (aínda que non estou dacordo con moitas estratexias
> súas) fará o que considere oportuno coa súa pasta.

E certo ata un punto. Darlle o premio de colaboración internacional a unha
fundación inversora de empresas que non cumplen normativas éticas nin
mediomabientais pareceme alomenos perverso, e unha irresponsabilidade por
parte dos que o conceden. Para min estes premios non teñen moito valor.

Sei que son un idealista, probablemente creo en utopías imposibles e....
en algo teño que creer.

> E que non me podo
> creer que a estas alturas de siglo pensemos que Bill Gates parezca o
> demo, creo ademais que non nos axuda nada (os que promovemos o software
> libre quero dicir)
>
> (Vaia rollo soltei)

E eu outro. :P
Unha aperta.

>
> Saúdos
> Cesáreo