[Softlibre-edugal] La xunta reparte un traductor ¿cuál?

Xabier Seixo xabier.seixo en gmail.com
Xov Mar 1 11:33:45 CET 2007


Meu deus!!!!
outra vez co esga-esgal (parece que lle cambiaron o nome para adpatarse a
non sei que normativa internacional...)?
Cantas licenzas van repartir desta?
Antes de marchar os outros da xunta, a alguén se lle ocurrira anunciar o
reparto de 100.000 licenzas para os centros de ensino, case que nos tocaba a
10 por cabeza, ou máis....
Sen esquecar claro está que deve ser a aplicación informática máis veces
"presentada en sociedade" do mundo mundial.
Don Manuel deveuna presentar unhas...tres veces cando menos.

Non vou engadir moitas máis cousas das que comentou Susana, xa que na miña
opinión ten razón no que di.

Comparar a día de hoxe as dúas aplicacións non ten sentido.
O Opentrad, Apertium ou como se chame agora, turra ben, pero nada en
comparación co esga-esgal .

O esga-esgal, fai anos que funciona internamente na Xunta, e a USC tiña
licenzas de uso. Polo que sei tamén se utilizaba no parlamento. De feito é a
aplicación que se utilizou ata agora na Xunta para "correxir" documentos, é
decir, traducir os documentos en castelán que facía o funcionariado ao
galego.
Sobre a súa "popularidade", habería que preguntarlle ao Ramón Piñeiro porqué
nunca tivo interese en que a aplicación fose coñecida, ou porqué nos
quedamos no par castelán-galego e nunca chegamos a ter o par galego-castelán
(por poñer un exemplo; tería algo que ver con despedir a todo o sector
bolseiro?????).

O Ramón Piñeiro depende de política lingüistica, é decir presidencia.

Polo que me comentaron, agora a empresa "catalana" é canadiense.

Que a aplicación turre en PC é recente, e intúo que algo ten que ver coa
compra da empresa "catalana" (e que unha sparc con Unix non a ten calquera
na casa e tal e como se está poñendo o mercado da tradución automática na
UE, pois...)

Eu calculo que a aplicación estaba funcionando xa polo 98-99, pero se alguén
ten moito interese por saber datas, podo preguntar. Coñezo a añgunha xente
que traballou non proxecto (bueno o de "traballar", digamos máis ben
"bolsear").


Saúdos.



2007/2/28, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com>:
>
> Susana Sotelo Docío escribió:
> > O Mércores 28 de Febreiro de 2007, Oscar Hermida escribiu:
> >
> >>> E dado que metodoloxicamente
> >>> son sistemas diferentes, para min pode estar xustificado.
> >>>
> >> Para min non está xustificado. Eu, durante o desenvolvemento dunha
> >> aplicación, vexo que sae
> >> algo mellor (aínda por ver), deixo de facelo... ou polo  menos non me
> >> molesto en distribuilo, e, repito,
> >> adicaríame a mellorar o existente ou simplemente distribuilo.
> >>
> >
> > Logo segundo ti o desenvolvemento de GNU/Hurd non está xustificado en
> > absoluto porque xa hai núcleos por aí funcionando de marabilla. Para que
> > facer outro máis?
> >
>
> Se vexo que non vou a mellorar o presente, pois non, non me molestaría,
> e ademáis, estamos
> falando dun proxecto con gasto público.
> > A investigación (porque estamos falando de investigación en tradución
> > automática e procesamento da linguaxe natural, non só de "aplicacións")
> > require partir de hipóteses de traballo que marcan camiños. O ESGA é un
> > tradutor adaptado a un único par de linguas, e parte do suposto de que
> > unha tradución de calidade require coñecemento léxico, gramatical e
> > tamén a nivel da pragmática, aínda que sexa a costa de consumir máis
> > recursos. O Apertium parte de que é posíbel facer unha tradución decente
> > entre linguas _próximas_ sen subir do nivel morfolóxico e léxico.
> > Aparentemente os dous buscan o mesmo (traducir un texto), pero o camiño
> > que usan e mesmo o obxectivo real éche ben distinto. E aínda hai máis
> > (por exemplo os estatísticos, os que usan interlingua, ... puf hai tempo
> > que non miro o tema da tradución automática), o que pasa é que non se
> > implementou ningún para o galego e por iso non estamos agora falando
> > deles... :)
> >
> >
>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070301/4505db39/attachment.htm