[Softlibre-edugal] La xunta reparte un traductor ¿cuál?

Xabier Seixo xabier.seixo en gmail.com
Xov Mar 1 11:35:05 CET 2007


Ahhh, esquecistesvos de cmentar o tradutor do instituto Cervantes..

2007/3/1, Xabier Seixo <xabier.seixo en gmail.com>:
>
> Meu deus!!!!
> outra vez co esga-esgal (parece que lle cambiaron o nome para adpatarse a
> non sei que normativa internacional...)?
> Cantas licenzas van repartir desta?
> Antes de marchar os outros da xunta, a alguén se lle ocurrira anunciar o
> reparto de 100.000 licenzas para os centros de ensino, case que nos tocaba
> a 10 por cabeza, ou máis....
> Sen esquecar claro está que deve ser a aplicación informática máis veces
> "presentada en sociedade" do mundo mundial.
> Don Manuel deveuna presentar unhas...tres veces cando menos.
>
> Non vou engadir moitas máis cousas das que comentou Susana, xa que na miña
> opinión ten razón no que di.
>
> Comparar a día de hoxe as dúas aplicacións non ten sentido.
> O Opentrad, Apertium ou como se chame agora, turra ben, pero nada en
> comparación co esga-esgal .
>
> O esga-esgal, fai anos que funciona internamente na Xunta, e a USC tiña
> licenzas de uso. Polo que sei tamén se utilizaba no parlamento. De feito é a
> aplicación que se utilizou ata agora na Xunta para "correxir" documentos, é
> decir, traducir os documentos en castelán que facía o funcionariado ao
> galego.
> Sobre a súa "popularidade", habería que preguntarlle ao Ramón Piñeiro
> porqué nunca tivo interese en que a aplicación fose coñecida, ou porqué nos
> quedamos no par castelán-galego e nunca chegamos a ter o par galego-castelán
> (por poñer un exemplo; tería algo que ver con despedir a todo o sector
> bolseiro?????).
>
> O Ramón Piñeiro depende de política lingüistica, é decir presidencia.
>
> Polo que me comentaron, agora a empresa "catalana" é canadiense.
>
> Que a aplicación turre en PC é recente, e intúo que algo ten que ver coa
> compra da empresa "catalana" (e que unha sparc con Unix non a ten calquera
> na casa e tal e como se está poñendo o mercado da tradución automática na
> UE, pois...)
>
> Eu calculo que a aplicación estaba funcionando xa polo 98-99, pero se
> alguén ten moito interese por saber datas, podo preguntar. Coñezo a añgunha
> xente que traballou non proxecto (bueno o de "traballar", digamos máis ben
> "bolsear").
>
>
> Saúdos.
>
>
>
> 2007/2/28, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com>:
> >
> > Susana Sotelo Docío escribió:
> > > O Mércores 28 de Febreiro de 2007, Oscar Hermida escribiu:
> > >
> > >>> E dado que metodoloxicamente
> > >>> son sistemas diferentes, para min pode estar xustificado.
> > >>>
> > >> Para min non está xustificado. Eu, durante o desenvolvemento dunha
> > >> aplicación, vexo que sae
> > >> algo mellor (aínda por ver), deixo de facelo... ou polo  menos non me
> > >> molesto en distribuilo, e, repito,
> > >> adicaríame a mellorar o existente ou simplemente distribuilo.
> > >>
> > >
> > > Logo segundo ti o desenvolvemento de GNU/Hurd non está xustificado en
> > > absoluto porque xa hai núcleos por aí funcionando de marabilla. Para
> > que
> > > facer outro máis?
> > >
> >
> > Se vexo que non vou a mellorar o presente, pois non, non me molestaría,
> > e ademáis, estamos
> > falando dun proxecto con gasto público.
> > > A investigación (porque estamos falando de investigación en tradución
> > > automática e procesamento da linguaxe natural, non só de
> > "aplicacións")
> > > require partir de hipóteses de traballo que marcan camiños. O ESGA é
> > un
> > > tradutor adaptado a un único par de linguas, e parte do suposto de que
> > > unha tradución de calidade require coñecemento léxico, gramatical e
> > > tamén a nivel da pragmática, aínda que sexa a costa de consumir máis
> > > recursos. O Apertium parte de que é posíbel facer unha tradución
> > decente
> > > entre linguas _próximas_ sen subir do nivel morfolóxico e léxico.
> > > Aparentemente os dous buscan o mesmo (traducir un texto), pero o
> > camiño
> > > que usan e mesmo o obxectivo real éche ben distinto. E aínda hai máis
> > > (por exemplo os estatísticos, os que usan interlingua, ... puf hai
> > tempo
> > > que non miro o tema da tradución automática), o que pasa é que non se
> > > implementou ningún para o galego e por iso non estamos agora falando
> > > deles... :)
> > >
> > >
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Lista de correo Softlibre-edugal
> > Softlibre-edugal en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
> >
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070301/4c98ae5d/attachment.htm