[Softlibre-edugal] Reenviar: CONVOCATORIA_CURSO"ENTRANS: a lingua galega e a tradución do software libre para Galicia"

Oscar Hermida oscarhermida en gmail.com
Xov Mar 1 15:18:45 CET 2007


jjgr en edu.xunta.es escribió:
> Esto acaba de chegar ao meu instituto.
>
> (ao fío dos Comentarios sobre o GRAn TRAductor que van distribuir.
>
> A Makinaria empeza a moverse
>
> saúdos
>
> juanjo G. Rodicio
Grazas pola información. Supoño que pronto chegará ao IES Chan do Monte

Saúdos
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> Asunto:
> Reenviar: CONVOCATORIA_CURSO
> De:
> ies.laxeiro en edu.xunta.es
> Fecha:
> Wed, 28 Feb 2007 19:12:01 +0100
> Para:
> undisclosed-recipients: ;
>
> Para:
> undisclosed-recipients: ;
>
>
> --
> I.E.S Laxeiro - Consellería  Ed. e Ord. Univ. - Xunta de Galicia
> Avda. Bos Aires, 71 - 36500 Lalín (Pontevedra)   Tel: 986787051   Fax: 986787403
>    *****   ies.laxeiro en edu.xunta.es  -  http://www.ieslaxeiro.com    *****
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> Asunto:
> CONVOCATORIA_CURSO
> De:
> Direccion_Xeral_de_Ordenacion_e_Innovacion_Educativa <xsfp en edu.xunta.es>
> Fecha:
> Wed, 28 Feb 2007 14:49:23 +0100
> Para:
> ies.laxeiro en edu.xunta.es
>
> Para:
> ies.laxeiro en edu.xunta.es
>
>
> XUNTA DE GALICIA
> CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
> Diección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
>
>
> Centros de Educación Infantil e Primaria
> Centros Público Integrado
> Institutos de Educación Secundaria
>
> Sra. Directora / Sr. Director:
>
> Práceme informarlle da convocatoria e próxima celebración, o vindeiro día 9 de marzo, da actividade de formación permanente do 
> profesorado curso "ENTRANS: a lingua galega e a tradución do software libre para Galicia" en colaboración coa Dirección Xeral de 
> Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, segundo o programa detallado que se 
> xunta.
> A inscrición realizarase a través do "Sistema de Xestión da Formación do Profesorado" (www.edu.xunta.es/fprof), antes das 24:00 
> horas do martes 6 de marzo de 2007 (ÁREA: Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) / CFR: Servizos Centrais).
> Tendo en conta o carácter formativo desta actividade de actualización científico - tecnolóxica e didáctica sobre "A iniciativa polo 
> Software Libre en Galego" da "Estratexia Galega da Sociedade da Información" e, moi especialmente, referido as súas posibles 
> repercusións sobre o sistema educativo de Galicia, considero procedente que lle dea a máxima difusión posible a esta 
> convocatoria, facendo chegar esta información a todo o profesorado do seu respectivo centro.
> Aprezando a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.
> Santiago de Compostela a 28 de febreiro de 2007
> A DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA
> ASDO:  María José Pérez Mariño
> -------------------------------------------------
> Arquivo xunto [Programa_curso_ENTRANS.pdf / 201 KB] para o programa Acobat Reader que pode obterse en www.adobe.es
> ============================
>   
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>