[Softlibre-edugal] La xunta reparte un traductor ¿cuál?

Oscar Hermida oscarhermida en gmail.com
Xov Mar 1 15:29:11 CET 2007


Xabier Seixo escribió:
> O esga-esgal, fai anos que funciona internamente na Xunta, e a USC 
> tiña licenzas de uso. Polo que sei tamén se utilizaba no parlamento. 
> De feito é a aplicación que se utilizou ata agora na Xunta para 
> "correxir" documentos, é decir, traducir os documentos en castelán que 
> facía o funcionariado ao galego.
Só na Xunta? Teñen unha aplicación que fuciona caganudamente e só para o 
uso deles... desde logo..
> Sobre a súa "popularidade", habería que preguntarlle ao Ramón Piñeiro 
> porqué nunca tivo interese en que a aplicación fose coñecida, ou 
> porqué nos quedamos no par castelán-galego e nunca chegamos a ter o 
> par galego-castelán (por poñer un exemplo; tería algo que ver con 
> despedir a todo o sector bolseiro?????).
>  
Cóstamen entender o secretismo. Leva tantos anos no seu desenvolvemento 
e en google case non hai referencias.
> O Ramón Piñeiro depende de política lingüistica, é decir presidencia.
>  
> Polo que me comentaron, agora a empresa "catalana" é canadiense.
>  
Pois si que tes bastante máis que engadir...

> Que a aplicación turre en PC é recente, e intúo que algo ten que ver 
> coa compra da empresa "catalana" (e que unha sparc con Unix non a ten 
> calquera na casa e tal e como se está poñendo o mercado da tradución 
> automática na UE, pois...)
>  
> Eu calculo que a aplicación estaba funcionando xa polo 98-99, pero se 
> alguén ten moito interese por saber datas, podo preguntar. Coñezo a 
> añgunha xente que traballou non proxecto (bueno o de "traballar", 
> digamos máis ben "bolsear").
>  
Moitas grazas pola información. Foi moi esclarecedora.
Se así é como dis, alédome de que invertiran no proxecto, aínda que 
tardaran tanto tempo. A mágoa é que non sexa software libre e que dependan
doutra empresa para o manteñemento.

Saúdos
>  
> Saúdos.
>
>
>  
> 2007/2/28, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com 
> <mailto:oscarhermida en gmail.com>>:
>
>     Susana Sotelo Docío escribió:
>     > O Mércores 28 de Febreiro de 2007, Oscar Hermida escribiu:
>     >
>     >>> E dado que metodoloxicamente
>     >>> son sistemas diferentes, para min pode estar xustificado.
>     >>>
>     >> Para min non está xustificado. Eu, durante o desenvolvemento dunha
>     >> aplicación, vexo que sae
>     >> algo mellor (aínda por ver), deixo de facelo... ou polo  menos
>     non me
>     >> molesto en distribuilo, e, repito,
>     >> adicaríame a mellorar o existente ou simplemente distribuilo.
>     >>
>     >
>     > Logo segundo ti o desenvolvemento de GNU/Hurd non está
>     xustificado en
>     > absoluto porque xa hai núcleos por aí funcionando de marabilla.
>     Para que
>     > facer outro máis?
>     >
>
>     Se vexo que non vou a mellorar o presente, pois non, non me
>     molestaría,
>     e ademáis, estamos
>     falando dun proxecto con gasto público.
>     > A investigación (porque estamos falando de investigación en
>     tradución
>     > automática e procesamento da linguaxe natural, non só de
>     "aplicacións")
>     > require partir de hipóteses de traballo que marcan camiños. O
>     ESGA é un
>     > tradutor adaptado a un único par de linguas, e parte do suposto
>     de que
>     > unha tradución de calidade require coñecemento léxico, gramatical e
>     > tamén a nivel da pragmática, aínda que sexa a costa de consumir máis
>     > recursos. O Apertium parte de que é posíbel facer unha tradución
>     decente
>     > entre linguas _próximas_ sen subir do nivel morfolóxico e léxico.
>     > Aparentemente os dous buscan o mesmo (traducir un texto), pero o
>     camiño
>     > que usan e mesmo o obxectivo real éche ben distinto. E aínda hai
>     máis
>     > (por exemplo os estatísticos, os que usan interlingua, ... puf
>     hai tempo
>     > que non miro o tema da tradución automática), o que pasa é que
>     non se
>     > implementou ningún para o galego e por iso non estamos agora falando
>     > deles... :)
>     >
>     >
>
>
>     _______________________________________________
>     Lista de correo Softlibre-edugal
>     Softlibre-edugal en mancomun.org <mailto:Softlibre-edugal en mancomun.org>
>     http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>     <http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal>
>
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>