[Softlibre-edugal] La xunta reparte un traductor ¿cuál?
Oscar Hermida
oscarhermida en gmail.com
Xov Mar 1 15:45:15 CET 2007
Xabier Seixo escribió:
> Ahhh, esquecistesvos de cmentar o tradutor do instituto Cervantes..
Non, non van por ahí os tiros. A consulta que fixemos non foi unha
patalexada infantil coma puido
parecer.
Se nos nosos comentarios semella haber retranca foi polo silencio
sepulcral que houbo en "algunha
entidade pública" no pre-post-lanzamento do proxecto e logo, e máis
importante, o artigo que saeu
recentemente na Voz de Galicia
<http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5580025&lnk=TRADUCINDOTE>,
onde se fala que tamén se distribuirá Traducíndote, cando nos
non tiñamos coñecemento algún sobre eso.
Por eso utilizamos esta lista, para saber máis do tema, non para
criticar tal ou cual traductor, que para
min, neste intre, pouco me importa como se desenvolve o Hurd ou o
traductor do Instituto Cervantes,
se non sobre un en cuestión e pagado cos cartos de todos.
Saúdos e grazas de novo
>
> 2007/3/1, Xabier Seixo <xabier.seixo en gmail.com
> <mailto:xabier.seixo en gmail.com>>:
>
> Meu deus!!!!
> outra vez co esga-esgal (parece que lle cambiaron o nome para
> adpatarse a non sei que normativa internacional...)?
> Cantas licenzas van repartir desta?
> Antes de marchar os outros da xunta, a alguén se lle ocurrira
> anunciar o reparto de 100.000 licenzas para os centros de ensino,
> case que nos tocaba a 10 por cabeza, ou máis....
> Sen esquecar claro está que deve ser a aplicación informática máis
> veces "presentada en sociedade" do mundo mundial.
> Don Manuel deveuna presentar unhas...tres veces cando menos.
>
> Non vou engadir moitas máis cousas das que comentou Susana, xa que
> na miña opinión ten razón no que di.
>
> Comparar a día de hoxe as dúas aplicacións non ten sentido.
> O Opentrad, Apertium ou como se chame agora, turra ben, pero nada
> en comparación co esga-esgal .
>
> O esga-esgal, fai anos que funciona internamente na Xunta, e a USC
> tiña licenzas de uso. Polo que sei tamén se utilizaba no
> parlamento. De feito é a aplicación que se utilizou ata agora na
> Xunta para "correxir" documentos, é decir, traducir os documentos
> en castelán que facía o funcionariado ao galego.
> Sobre a súa "popularidade", habería que preguntarlle ao Ramón
> Piñeiro porqué nunca tivo interese en que a aplicación fose
> coñecida, ou porqué nos quedamos no par castelán-galego e nunca
> chegamos a ter o par galego-castelán (por poñer un exemplo; tería
> algo que ver con despedir a todo o sector bolseiro?????).
>
> O Ramón Piñeiro depende de política lingüistica, é decir presidencia.
>
> Polo que me comentaron, agora a empresa "catalana" é canadiense.
>
> Que a aplicación turre en PC é recente, e intúo que algo ten que
> ver coa compra da empresa "catalana" (e que unha sparc con Unix
> non a ten calquera na casa e tal e como se está poñendo o mercado
> da tradución automática na UE, pois...)
>
> Eu calculo que a aplicación estaba funcionando xa polo 98-99, pero
> se alguén ten moito interese por saber datas, podo preguntar.
> Coñezo a añgunha xente que traballou non proxecto (bueno o de
> "traballar", digamos máis ben "bolsear").
>
>
> Saúdos.
>
>
>
> 2007/2/28, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com
> <mailto:oscarhermida en gmail.com>>:
>
> Susana Sotelo Docío escribió:
> > O Mércores 28 de Febreiro de 2007, Oscar Hermida escribiu:
> >
> >>> E dado que metodoloxicamente
> >>> son sistemas diferentes, para min pode estar xustificado.
> >>>
> >> Para min non está xustificado. Eu, durante o desenvolvemento
> dunha
> >> aplicación, vexo que sae
> >> algo mellor (aínda por ver), deixo de facelo... ou
> polo menos non me
> >> molesto en distribuilo, e, repito,
> >> adicaríame a mellorar o existente ou simplemente distribuilo.
> >>
> >
> > Logo segundo ti o desenvolvemento de GNU/Hurd non está
> xustificado en
> > absoluto porque xa hai núcleos por aí funcionando de
> marabilla. Para que
> > facer outro máis?
> >
>
> Se vexo que non vou a mellorar o presente, pois non, non me
> molestaría,
> e ademáis, estamos
> falando dun proxecto con gasto público.
> > A investigación (porque estamos falando de investigación en
> tradución
> > automática e procesamento da linguaxe natural, non só de
> "aplicacións")
> > require partir de hipóteses de traballo que marcan camiños. O
> ESGA é un
> > tradutor adaptado a un único par de linguas, e parte do
> suposto de que
> > unha tradución de calidade require coñecemento léxico,
> gramatical e
> > tamén a nivel da pragmática, aínda que sexa a costa de
> consumir máis
> > recursos. O Apertium parte de que é posíbel facer unha
> tradución decente
> > entre linguas _próximas_ sen subir do nivel morfolóxico e
> léxico.
> > Aparentemente os dous buscan o mesmo (traducir un texto),
> pero o camiño
> > que usan e mesmo o obxectivo real éche ben distinto. E aínda
> hai máis
> > (por exemplo os estatísticos, os que usan interlingua, ...
> puf hai tempo
> > que non miro o tema da tradución automática), o que pasa é
> que non se
> > implementou ningún para o galego e por iso non estamos agora
> falando
> > deles... :)
> >
> >
>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> <mailto:Softlibre-edugal en mancomun.org>
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
> <http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal>
>
>
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>