[Softlibre-edugal] La xunta reparte un traductor ¿cuál?

Xabier Seixo xabier.seixo en gmail.com
Xov Mar 1 17:15:06 CET 2007


2007/3/1, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com>:
>
> Xabier Seixo escribió:
> > Ahhh, esquecistesvos de cmentar o tradutor do instituto Cervantes..
> Non, non van por ahí os tiros. A consulta que fixemos non foi unha
> patalexada infantil coma puido
> parecer.


Non me refería a que fose unha pataleta, puxen o do tradutor do
instituto Cervantes, porque foi outro dos
que apareceu ultimamente.

Se nos nosos comentarios semella haber retranca foi polo silencio
> sepulcral que houbo en "algunha
> entidade pública" no pre-post-lanzamento do proxecto e logo, e máis
> importante, o artigo que saeu
> recentemente na Voz de Galicia
> <
> http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5580025&lnk=TRADUCINDOTE
> >,
> onde se fala que tamén se distribuirá Traducíndote, cando nos
> non tiñamos coñecemento algún sobre eso.
>
> Por eso utilizamos esta lista, para saber máis do tema, non para
> criticar tal ou cual traductor, que para
> min, neste intre, pouco me importa como se desenvolve  o Hurd ou o
> traductor do Instituto Cervantes,
> se non sobre un en cuestión e pagado cos cartos de todos.


Pagados están case  todos con cartos públicos (refirome á base do proxecto,
e non unha adaptación
vosa co traducindote, que é a ventaxa de ser SL). O único tradutor que
coñezo (galego <---> castelán), con calidade, e desenvolto pola iniciativa
privada é o de Dimensiona, o Traduza, que funciona realmente ben.
Hai por ahí un informe da universidade de Santiago (de Singala, director do
servizo de normalización ) onde pon á par en calidade o Traduza e o Esga,
inclinandose a USC polo Esga pola "gratuidade" do mesmo (xa que a Xunta
cedía licenzas de uso).
Xa que non temos aceso aos tradutores privativos, poderiamos preguntarlle a
Isabel Vaquero (
http://www.maisinternetmaisgalego.org/proposta.php?estxt=proposta_12),
que intuo que utilizou as diversas opcións, que impresión lle dan
estas
tres (ou catro) ferramentas.

Comento esto por pura curiosidade, de saber a opinión dunha persoa usuaria.

> Saúdos e grazas de novo


 Saúdos.

>
> > 2007/3/1, Xabier Seixo <xabier.seixo en gmail.com
> > <mailto:xabier.seixo en gmail.com>>:
> >
> >     Meu deus!!!!
> >     outra vez co esga-esgal (parece que lle cambiaron o nome para
> >     adpatarse a non sei que normativa internacional...)?
> >     Cantas licenzas van repartir desta?
> >     Antes de marchar os outros da xunta, a alguén se lle ocurrira
> >     anunciar o reparto de 100.000 licenzas para os centros de ensino,
> >     case que nos tocaba a 10 por cabeza, ou máis....
> >     Sen esquecar claro está que deve ser a aplicación informática máis
> >     veces "presentada en sociedade" do mundo mundial.
> >     Don Manuel deveuna presentar unhas...tres veces cando menos.
> >
> >     Non vou engadir moitas máis cousas das que comentou Susana, xa que
> >     na miña opinión ten razón no que di.
> >
> >     Comparar a día de hoxe as dúas aplicacións non ten sentido.
> >     O Opentrad, Apertium ou como se chame agora, turra ben, pero nada
> >     en comparación co esga-esgal .
> >
> >     O esga-esgal, fai anos que funciona internamente na Xunta, e a USC
> >     tiña licenzas de uso. Polo que sei tamén se utilizaba no
> >     parlamento. De feito é a aplicación que se utilizou ata agora na
> >     Xunta para "correxir" documentos, é decir, traducir os documentos
> >     en castelán que facía o funcionariado ao galego.
> >     Sobre a súa "popularidade", habería que preguntarlle ao Ramón
> >     Piñeiro porqué nunca tivo interese en que a aplicación fose
> >     coñecida, ou porqué nos quedamos no par castelán-galego e nunca
> >     chegamos a ter o par galego-castelán (por poñer un exemplo; tería
> >     algo que ver con despedir a todo o sector bolseiro?????).
> >
> >     O Ramón Piñeiro depende de política lingüistica, é decir
> presidencia.
> >
> >     Polo que me comentaron, agora a empresa "catalana" é canadiense.
> >
> >     Que a aplicación turre en PC é recente, e intúo que algo ten que
> >     ver coa compra da empresa "catalana" (e que unha sparc con Unix
> >     non a ten calquera na casa e tal e como se está poñendo o mercado
> >     da tradución automática na UE, pois...)
> >
> >     Eu calculo que a aplicación estaba funcionando xa polo 98-99, pero
> >     se alguén ten moito interese por saber datas, podo preguntar.
> >     Coñezo a añgunha xente que traballou non proxecto (bueno o de
> >     "traballar", digamos máis ben "bolsear").
> >
> >
> >     Saúdos.
> >
> >
> >
> >     2007/2/28, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com
> >     <mailto:oscarhermida en gmail.com>>:
> >
> >         Susana Sotelo Docío escribió:
> >         > O Mércores 28 de Febreiro de 2007, Oscar Hermida escribiu:
> >         >
> >         >>> E dado que metodoloxicamente
> >         >>> son sistemas diferentes, para min pode estar xustificado.
> >         >>>
> >         >> Para min non está xustificado. Eu, durante o desenvolvemento
> >         dunha
> >         >> aplicación, vexo que sae
> >         >> algo mellor (aínda por ver), deixo de facelo... ou
> >         polo  menos non me
> >         >> molesto en distribuilo, e, repito,
> >         >> adicaríame a mellorar o existente ou simplemente distribuilo.
> >         >>
> >         >
> >         > Logo segundo ti o desenvolvemento de GNU/Hurd non está
> >         xustificado en
> >         > absoluto porque xa hai núcleos por aí funcionando de
> >         marabilla. Para que
> >         > facer outro máis?
> >         >
> >
> >         Se vexo que non vou a mellorar o presente, pois non, non me
> >         molestaría,
> >         e ademáis, estamos
> >         falando dun proxecto con gasto público.
> >         > A investigación (porque estamos falando de investigación en
> >         tradución
> >         > automática e procesamento da linguaxe natural, non só de
> >         "aplicacións")
> >         > require partir de hipóteses de traballo que marcan camiños. O
> >         ESGA é un
> >         > tradutor adaptado a un único par de linguas, e parte do
> >         suposto de que
> >         > unha tradución de calidade require coñecemento léxico,
> >         gramatical e
> >         > tamén a nivel da pragmática, aínda que sexa a costa de
> >         consumir máis
> >         > recursos. O Apertium parte de que é posíbel facer unha
> >         tradución decente
> >         > entre linguas _próximas_ sen subir do nivel morfolóxico e
> >         léxico.
> >         > Aparentemente os dous buscan o mesmo (traducir un texto),
> >         pero o camiño
> >         > que usan e mesmo o obxectivo real éche ben distinto. E aínda
> >         hai máis
> >         > (por exemplo os estatísticos, os que usan interlingua, ...
> >         puf hai tempo
> >         > que non miro o tema da tradución automática), o que pasa é
> >         que non se
> >         > implementou ningún para o galego e por iso non estamos agora
> >         falando
> >         > deles... :)
> >         >
> >         >
> >
> >
> >         _______________________________________________
> >         Lista de correo Softlibre-edugal
> >         Softlibre-edugal en mancomun.org
> >         <mailto:Softlibre-edugal en mancomun.org>
> >         http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
> >         <http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal>
> >
> >
> >
> > ------------------------------------------------------------------------
> >
> > _______________________________________________
> > Lista de correo Softlibre-edugal
> > Softlibre-edugal en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
> >
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070301/3e38cdc4/attachment.htm