[Softlibre-edugal] La xunta reparte un traductor ¿cuál?
Oscar Hermida
oscarhermida en gmail.com
Xov Mar 1 18:54:38 CET 2007
Cesáreo García Rodicio escribió:
> Hola
>
Ola Cesáreo, encantado de coñecerte
> Eu por aportar algo (creo que ó meu centro tamén chegou o CD) ocúrreseme
> que , para qué quero eu un super CD se teño un servicio Web
> (traducíndote) que me funciona dende Windows, Linux, Mac, dende casa,
> dende o colexio, dende o traballo ....
>
>
Se como din ten tan boa calidade posiblemente compensa, xa que Apertium,
o traductor que emprega
Traducíndote, aínda que ten unha calidade bastante boa, ten moito que
mellorar o diccionario de español-galego.
A ventaxa de Apertium-Traducíndote radica en que é software libre con
todas as ventaxas que elo conleva e que ten unha interface web
de libre acceso.
Para min, hoxe por hoxe, calquer aplicación subvencionada por calquer
Goberno, deber ser en primeiro lugar,
software libre. A min paréceme de sentido común.
> Ademais, unha actualización no software é inmediata. Co tema dos CDs
> vexoo mais complicado. Claro, ó único é que necesito conexión web.
>
> Neste senso para mín coma usuario o mais interesante é un servicio que
> me funcione e que sexa áxil, e nese sentido vexo o proxecto de
> traducíndote mais efectivo.
>
> Por, certo Oscar, tedes estadísticas de uso do servicio? Qué queren os
> usuarios? porque eu por exemplo, dame igual 90 páxinas por minuto que
> 100, pero non sei o uso habitual e o que queren os usuarios.
>
>
O acceso ao servizo é constante. Recordo que na primeira semana houbo
uns 30000 hits, logo
non estiven ao tanto das estadísticas, quen o pode dicir é Manuel Morán,
que administra o sistema.
En ese senso queda claro que a xente o emprega e, polo menos a min, a única
queixa que me chegou foi por que traducía inglés do catalán e non do
español.
Claro que aínda é un proxecto recente, e hai tempo para que nos poñan a
caír da burra... pero
sempre nos quedará botarlle a culpa a Apertium, non si? ;-)
Habilitamos un wiki onde os usuarios poden facer suxestións e contribuir
a mellorar os diccionarios
intrucindo aquelas verbas mal traducidas.
Saúdos.
> Saúdos
>
> Cesáreo
>
> Xabier Seixo wrote:
>
>> Meu deus!!!!
>> outra vez co esga-esgal (parece que lle cambiaron o nome para adpatarse
>> a non sei que normativa internacional...)?
>> Cantas licenzas van repartir desta?
>> Antes de marchar os outros da xunta, a alguén se lle ocurrira anunciar o
>> reparto de 100.000 licenzas para os centros de ensino, case que nos
>> tocaba a 10 por cabeza, ou máis....
>> Sen esquecar claro está que deve ser a aplicación informática máis veces
>> "presentada en sociedade" do mundo mundial.
>> Don Manuel deveuna presentar unhas...tres veces cando menos.
>>
>> Non vou engadir moitas máis cousas das que comentou Susana, xa que na
>> miña opinión ten razón no que di.
>>
>> Comparar a día de hoxe as dúas aplicacións non ten sentido.
>> O Opentrad, Apertium ou como se chame agora, turra ben, pero nada en
>> comparación co esga-esgal .
>>
>> O esga-esgal, fai anos que funciona internamente na Xunta, e a USC tiña
>> licenzas de uso. Polo que sei tamén se utilizaba no parlamento. De feito
>> é a aplicación que se utilizou ata agora na Xunta para "correxir"
>> documentos, é decir, traducir os documentos en castelán que facía o
>> funcionariado ao galego.
>> Sobre a súa "popularidade", habería que preguntarlle ao Ramón Piñeiro
>> porqué nunca tivo interese en que a aplicación fose coñecida, ou
>> porqué nos quedamos no par castelán-galego e nunca chegamos a ter o par
>> galego-castelán (por poñer un exemplo; tería algo que ver con despedir a
>> todo o sector bolseiro?????).
>>
>> O Ramón Piñeiro depende de política lingüistica, é decir presidencia.
>>
>> Polo que me comentaron, agora a empresa "catalana" é canadiense.
>>
>> Que a aplicación turre en PC é recente, e intúo que algo ten que ver coa
>> compra da empresa "catalana" (e que unha sparc con Unix non a ten
>> calquera na casa e tal e como se está poñendo o mercado da tradución
>> automática na UE, pois...)
>>
>> Eu calculo que a aplicación estaba funcionando xa polo 98-99, pero se
>> alguén ten moito interese por saber datas, podo preguntar. Coñezo a
>> añgunha xente que traballou non proxecto (bueno o de "traballar",
>> digamos máis ben "bolsear").
>>
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>>
>> 2007/2/28, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com
>> <mailto:oscarhermida en gmail.com>>:
>>
>> Susana Sotelo Docío escribió:
>> > O Mércores 28 de Febreiro de 2007, Oscar Hermida escribiu:
>> >
>> >>> E dado que metodoloxicamente
>> >>> son sistemas diferentes, para min pode estar xustificado.
>> >>>
>> >> Para min non está xustificado. Eu, durante o desenvolvemento dunha
>> >> aplicación, vexo que sae
>> >> algo mellor (aínda por ver), deixo de facelo... ou polo menos
>> non me
>> >> molesto en distribuilo, e, repito,
>> >> adicaríame a mellorar o existente ou simplemente distribuilo.
>> >>
>> >
>> > Logo segundo ti o desenvolvemento de GNU/Hurd non está xustificado en
>> > absoluto porque xa hai núcleos por aí funcionando de marabilla.
>> Para que
>> > facer outro máis?
>> >
>>
>> Se vexo que non vou a mellorar o presente, pois non, non me molestaría,
>> e ademáis, estamos
>> falando dun proxecto con gasto público.
>> > A investigación (porque estamos falando de investigación en tradución
>> > automática e procesamento da linguaxe natural, non só de
>> "aplicacións")
>> > require partir de hipóteses de traballo que marcan camiños. O
>> ESGA é un
>> > tradutor adaptado a un único par de linguas, e parte do suposto
>> de que
>> > unha tradución de calidade require coñecemento léxico, gramatical e
>> > tamén a nivel da pragmática, aínda que sexa a costa de consumir máis
>> > recursos. O Apertium parte de que é posíbel facer unha tradución
>> decente
>> > entre linguas _próximas_ sen subir do nivel morfolóxico e léxico.
>> > Aparentemente os dous buscan o mesmo (traducir un texto), pero o
>> camiño
>> > que usan e mesmo o obxectivo real éche ben distinto. E aínda hai máis
>> > (por exemplo os estatísticos, os que usan interlingua, ... puf
>> hai tempo
>> > que non miro o tema da tradución automática), o que pasa é que non se
>> > implementou ningún para o galego e por iso non estamos agora falando
>> > deles... :)
>> >
>> >
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Lista de correo Softlibre-edugal
>> Softlibre-edugal en mancomun.org <mailto:Softlibre-edugal en mancomun.org>
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>> <http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal>
>>
>>
>>
>> ------------------------------------------------------------------------
>>
>> _______________________________________________
>> Lista de correo Softlibre-edugal
>> Softlibre-edugal en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>