[Softlibre-edugal] Entrevista coa Consellería Educación
Roberto Brenlla
brenlla en gmail.com
Ven Mar 2 06:49:53 CET 2007
Ola,
Onte fun a unha entrevista que puiden concertar co Subdirector Xeral
da Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Benjamín Lois,
coa finalidade de abrir portas nesa consellería tanto ao profesorado
implicado co Sw Libre como aos GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux)
que temos na nosa comunidade.
A súa resposta foi positiva en todo momento e propuxo manter unha
xuntanza con representantes de ámbolos dous grupos, profesorado e
GUGLs, na que poderían estar presentes outros funcionarios da
devandita consellería. Daquela tanto o profesorado e GUGLs como
funcionarios poderían coñecer mellor as súas opinións ao redor da
promoción-implantación do Sw Libre alén de procurar que isto
'trascendese' á clase política e altos cargos desa mesma consellería.
Propuxo que lle adveríramos con 15 dias de antelación a data que
eliximos para facela sempre que fora a partir das 17 hs.
O ideal sería nomear a representantes do profesorado e GUGLs que vaian
a esa primeira xuntanza onde debatir toda esta problemática para
encauzala posteriormente a outra xuntanza con altos cargos da
consellería onde o un grupo de representantes debería ser menor para
facilitar e axilizar a interlocución e, en definitiva, acadar
compromisos de actuación consensuados coas partes implicadas.
Daquela é necesario que nomeemos representes do profesorado e
representantes dos GUGLs. Feito isto só restaría conciliar a data
desexada cos 15 dias de antelación que solicitan.
Agardando a vosa resposta, recibide o meu cordial saúdo,
--
Roberto Brenlla
http://www.agnix.org http://brenlla.blogaliza.org/
GNU/Linux # 124.437 http://counter.li.org/