[Softlibre-edugal] Entrevista coa Consellería Educación

Oscar Hermida oscarhermida en gmail.com
Ven Mar 2 21:56:51 CET 2007


Ola Roberto
Parabéns polo teu traballo.

Comparto a alegría de Manuel, é unha noticia excelente. Agora que as 
boas intencións
se convirtan en feitos... e se non, estaremos nós para recordarllo :-)

Unha aperta.
> Ola,
>
> Onte fun a unha entrevista que puiden concertar co Subdirector Xeral
> da Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Benjamín Lois,
> coa finalidade de abrir portas nesa consellería tanto ao profesorado
> implicado co Sw Libre como aos GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux)
> que temos na nosa comunidade.
>
> A súa resposta foi positiva en todo momento e propuxo manter unha
> xuntanza con representantes de ámbolos dous grupos, profesorado e
> GUGLs, na que poderían estar presentes outros funcionarios da
> devandita consellería. Daquela tanto o profesorado e GUGLs como
> funcionarios poderían coñecer mellor as súas opinións ao redor da
> promoción-implantación do Sw Libre alén de procurar que isto
> 'trascendese' á clase política e altos cargos desa mesma consellería.
>
> Propuxo que lle adveríramos con 15 dias de antelación a data que
> eliximos para facela sempre que fora a partir das 17 hs.
>
> O ideal sería nomear a representantes do profesorado e GUGLs que vaian
> a esa primeira xuntanza onde debatir toda esta problemática para
> encauzala posteriormente a outra xuntanza con altos cargos da
> consellería onde o un grupo de representantes debería ser menor para
> facilitar e axilizar  a interlocución e, en definitiva, acadar
> compromisos de actuación consensuados coas partes implicadas.
>
> Daquela é necesario que nomeemos representes do profesorado e
> representantes  dos GUGLs. Feito isto só restaría conciliar a data
> desexada cos 15 dias de antelación que solicitan.
>
> Agardando a vosa resposta, recibide o meu cordial saúdo,
>