[Softlibre-edugal] Entrevista coa Consellería Educación
Roberto Brenlla
brenlla en gmail.com
Sab Mar 3 08:40:32 CET 2007
2007/3/2, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com>:
> Ola Roberto
> Parabéns polo teu traballo.
Grazas pero, de momento, só foi un traballo de 'insistencia'... e
daquela o gordo é o que há de vir porque é esencial, dende o meu punto
de vista, que isto 'trascende' a niveis máis altos para que
efectivamente poidamos colaborar e implicarnos no trazado dos
obxectivos que desexamos, etc, etc...
De tódolos xeitos sempre senta ben recibir parabéns, con certeza.
> Comparto a alegría de Manuel, é unha noticia excelente. Agora que as
> boas intencións se convirtan en feitos... e se non, estaremos nós para recordarllo :-)
Si, totalmente de acordo! ;-)
Apertas,
Roberto
> Unha aperta.
> > Ola,
> >
> > Onte fun a unha entrevista que puiden concertar co Subdirector Xeral
> > da Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Benjamín Lois,
> > coa finalidade de abrir portas nesa consellería tanto ao profesorado
> > implicado co Sw Libre como aos GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux)
> > que temos na nosa comunidade.
> >
> > A súa resposta foi positiva en todo momento e propuxo manter unha
> > xuntanza con representantes de ámbolos dous grupos, profesorado e
> > GUGLs, na que poderían estar presentes outros funcionarios da
> > devandita consellería. Daquela tanto o profesorado e GUGLs como
> > funcionarios poderían coñecer mellor as súas opinións ao redor da
> > promoción-implantación do Sw Libre alén de procurar que isto
> > 'trascendese' á clase política e altos cargos desa mesma consellería.
> >
> > Propuxo que lle adveríramos con 15 dias de antelación a data que
> > eliximos para facela sempre que fora a partir das 17 hs.
> >
> > O ideal sería nomear a representantes do profesorado e GUGLs que vaian
> > a esa primeira xuntanza onde debatir toda esta problemática para
> > encauzala posteriormente a outra xuntanza con altos cargos da
> > consellería onde o un grupo de representantes debería ser menor para
> > facilitar e axilizar a interlocución e, en definitiva, acadar
> > compromisos de actuación consensuados coas partes implicadas.
> >
> > Daquela é necesario que nomeemos representes do profesorado e
> > representantes dos GUGLs. Feito isto só restaría conciliar a data
> > desexada cos 15 dias de antelación que solicitan.
> >
> > Agardando a vosa resposta, recibide o meu cordial saúdo,
> >
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
--
Roberto Brenlla
http://www.agnix.org http://brenlla.blogaliza.org/
GNU/Linux # 124.437 http://counter.li.org/