[Softlibre-edugal] Entrevista coa Consellería Educación

Oscar Hermida oscarhermida en gmail.com
Sab Mar 3 11:41:45 CET 2007


Roberto Brenlla escribió:
> 2007/3/2, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com>:
>   
>> Ola Roberto
>> Parabéns polo teu traballo.
>>     
>
> Grazas pero, de momento, só foi un traballo de 'insistencia'... e
>   
Parabenízote igualmente :-)
> daquela o gordo é o que há de vir porque é esencial, dende o meu punto
> de vista, que isto 'trascende' a niveis máis altos para que
> efectivamente poidamos colaborar e implicarnos no trazado dos
> obxectivos que desexamos, etc, etc...
>
>   

Todos participamos dunha comunidade virtual, que cada día colle máis 
forza, e que non pode pasar
desapercibida.

Agora que entramos de cheo na era da información é importante que as 
bases comecen a sustentarse
no software libre. Así que a xente que leva tempo participando desta 
filosofía que nos represente
nesta nova oportunidade.

Teño moi claro quen me gustaría que fora un dos representantes por parte 
dos profesores.
Para min Manuel Morán sería un bo candidato porque coñezo de primeira 
man todo o que
fixo, e fai, en pro do software libre.

Animo a todos a que den a súa opinión.

Saúde
> De tódolos xeitos sempre senta ben recibir parabéns, con certeza.
>
>   
>> Comparto a alegría de Manuel, é unha noticia excelente. Agora que as
>> boas intencións se convirtan en feitos... e se non, estaremos nós para recordarllo :-)
>>     
>
> Si, totalmente de acordo! ;-)
>
> Apertas,
> Roberto
>
>   
>> Unha aperta.
>>     
>>> Ola,
>>>
>>> Onte fun a unha entrevista que puiden concertar co Subdirector Xeral
>>> da Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Benjamín Lois,
>>> coa finalidade de abrir portas nesa consellería tanto ao profesorado
>>> implicado co Sw Libre como aos GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux)
>>> que temos na nosa comunidade.
>>>
>>> A súa resposta foi positiva en todo momento e propuxo manter unha
>>> xuntanza con representantes de ámbolos dous grupos, profesorado e
>>> GUGLs, na que poderían estar presentes outros funcionarios da
>>> devandita consellería. Daquela tanto o profesorado e GUGLs como
>>> funcionarios poderían coñecer mellor as súas opinións ao redor da
>>> promoción-implantación do Sw Libre alén de procurar que isto
>>> 'trascendese' á clase política e altos cargos desa mesma consellería.
>>>
>>> Propuxo que lle adveríramos con 15 dias de antelación a data que
>>> eliximos para facela sempre que fora a partir das 17 hs.
>>>
>>> O ideal sería nomear a representantes do profesorado e GUGLs que vaian
>>> a esa primeira xuntanza onde debatir toda esta problemática para
>>> encauzala posteriormente a outra xuntanza con altos cargos da
>>> consellería onde o un grupo de representantes debería ser menor para
>>> facilitar e axilizar  a interlocución e, en definitiva, acadar
>>> compromisos de actuación consensuados coas partes implicadas.
>>>
>>> Daquela é necesario que nomeemos representes do profesorado e
>>> representantes  dos GUGLs. Feito isto só restaría conciliar a data
>>> desexada cos 15 dias de antelación que solicitan.
>>>
>>> Agardando a vosa resposta, recibide o meu cordial saúdo,
>>>
>>>       
>> _______________________________________________
>> Lista de correo Softlibre-edugal
>> Softlibre-edugal en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>>
>>     
>
>
>