[Softlibre-edugal] Entrevista coa Consellería Educación
Roberto Brenlla
brenlla en gmail.com
Sab Mar 3 12:28:36 CET 2007
2007/3/3, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com>:
> Roberto Brenlla escribió:
> > 2007/3/2, Oscar Hermida <oscarhermida en gmail.com>:
> >
> >> Ola Roberto
> >> Parabéns polo teu traballo.
> >>
> >
> > Grazas pero, de momento, só foi un traballo de 'insistencia'... e
> >
> Parabenízote igualmente :-)
> > daquela o gordo é o que há de vir porque é esencial, dende o meu punto
> > de vista, que isto 'trascende' a niveis máis altos para que
> > efectivamente poidamos colaborar e implicarnos no trazado dos
> > obxectivos que desexamos, etc, etc...
> >
> >
>
> Todos participamos dunha comunidade virtual, que cada día colle máis
> forza, e que non pode pasar
> desapercibida.
>
> Agora que entramos de cheo na era da información é importante que as
> bases comecen a sustentarse
> no software libre. Así que a xente que leva tempo participando desta
> filosofía que nos represente
> nesta nova oportunidade.
>
> Teño moi claro quen me gustaría que fora un dos representantes por parte
> dos profesores.
> Para min Manuel Morán sería un bo candidato porque coñezo de primeira
> man todo o que
> fixo, e fai, en pro do software libre.
>
> Animo a todos a que den a súa opinión.
>
> Saúde
> > De tódolos xeitos sempre senta ben recibir parabéns, con certeza.
> >
> >
> >> Comparto a alegría de Manuel, é unha noticia excelente. Agora que as
> >> boas intencións se convirtan en feitos... e se non, estaremos nós para recordarllo :-)
Para min tamén *ten* que estar Manuel Morán. É o maior baluarte que
coñezo dentro do ensino.
Coñezo tamén o traballo de Teo Ramírez, se cadra menos visible, e a
quen remito tamén esta mensaxe para que, se o vedes ben, tamén sexo
outro dos representes.
Saúde,
Roberto Brenlla
> >
> > Si, totalmente de acordo! ;-)
> >
> > Apertas,
> > Roberto
> >
> >
> >> Unha aperta.
> >>
> >>> Ola,
> >>>
> >>> Onte fun a unha entrevista que puiden concertar co Subdirector Xeral
> >>> da Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Benjamín Lois,
> >>> coa finalidade de abrir portas nesa consellería tanto ao profesorado
> >>> implicado co Sw Libre como aos GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux)
> >>> que temos na nosa comunidade.
> >>>
> >>> A súa resposta foi positiva en todo momento e propuxo manter unha
> >>> xuntanza con representantes de ámbolos dous grupos, profesorado e
> >>> GUGLs, na que poderían estar presentes outros funcionarios da
> >>> devandita consellería. Daquela tanto o profesorado e GUGLs como
> >>> funcionarios poderían coñecer mellor as súas opinións ao redor da
> >>> promoción-implantación do Sw Libre alén de procurar que isto
> >>> 'trascendese' á clase política e altos cargos desa mesma consellería.
> >>>
> >>> Propuxo que lle adveríramos con 15 dias de antelación a data que
> >>> eliximos para facela sempre que fora a partir das 17 hs.
> >>>
> >>> O ideal sería nomear a representantes do profesorado e GUGLs que vaian
> >>> a esa primeira xuntanza onde debatir toda esta problemática para
> >>> encauzala posteriormente a outra xuntanza con altos cargos da
> >>> consellería onde o un grupo de representantes debería ser menor para
> >>> facilitar e axilizar a interlocución e, en definitiva, acadar
> >>> compromisos de actuación consensuados coas partes implicadas.
> >>>
> >>> Daquela é necesario que nomeemos representes do profesorado e
> >>> representantes dos GUGLs. Feito isto só restaría conciliar a data
> >>> desexada cos 15 dias de antelación que solicitan.
> >>>
> >>> Agardando a vosa resposta, recibide o meu cordial saúdo,
--
Roberto Brenlla
http://www.agnix.org http://brenlla.blogaliza.org/
GNU/Linux # 124.437 http://counter.li.org/