[Softlibre-edugal] Entrevista coa Consellería Educación

Oscar Hermida oscarhermida en gmail.com
Sab Mar 3 13:21:53 CET 2007


> Para min tamén *ten* que estar Manuel Morán. É o maior baluarte que
> coñezo dentro do ensino.
>
> Coñezo tamén o traballo de Teo Ramírez, se cadra menos visible, e a
> quen remito tamén esta mensaxe para que, se o vedes ben, tamén sexo
> outro dos representes.
>
>   
Un pracer coñecelo.
Penso que tamén pode ser un bo representante. Vexo que ten boas iniciativas
e o mellor, que defende as súas ideas contra vento e marea.

Creo que hai moitos profesores que son sementeiros entre os alumnos e 
que poden aportar
suxestións aos representantes políticos. É preciso crear unha corrente 
de opinión para que
na reunión quede reflexado o sentir maioritario e que, cando menos, 
debería haber un
representante por provincia.

O máis importante:
Os políticos deben crer que a comunidade galega do software libre estará 
pendente desa
reunión, que non son poucos, e que esperan resultados.

Saúde.
Oscar Hermida

> Saúde,
> Roberto Brenlla
>
>
>   
>>> Si, totalmente de acordo! ;-)
>>>
>>> Apertas,
>>> Roberto
>>>
>>>
>>>       
>>>> Unha aperta.
>>>>
>>>>         
>>>>> Ola,
>>>>>
>>>>> Onte fun a unha entrevista que puiden concertar co Subdirector Xeral
>>>>> da Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Benjamín Lois,
>>>>> coa finalidade de abrir portas nesa consellería tanto ao profesorado
>>>>> implicado co Sw Libre como aos GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux)
>>>>> que temos na nosa comunidade.
>>>>>
>>>>> A súa resposta foi positiva en todo momento e propuxo manter unha
>>>>> xuntanza con representantes de ámbolos dous grupos, profesorado e
>>>>> GUGLs, na que poderían estar presentes outros funcionarios da
>>>>> devandita consellería. Daquela tanto o profesorado e GUGLs como
>>>>> funcionarios poderían coñecer mellor as súas opinións ao redor da
>>>>> promoción-implantación do Sw Libre alén de procurar que isto
>>>>> 'trascendese' á clase política e altos cargos desa mesma consellería.
>>>>>
>>>>> Propuxo que lle adveríramos con 15 dias de antelación a data que
>>>>> eliximos para facela sempre que fora a partir das 17 hs.
>>>>>
>>>>> O ideal sería nomear a representantes do profesorado e GUGLs que vaian
>>>>> a esa primeira xuntanza onde debatir toda esta problemática para
>>>>> encauzala posteriormente a outra xuntanza con altos cargos da
>>>>> consellería onde o un grupo de representantes debería ser menor para
>>>>> facilitar e axilizar  a interlocución e, en definitiva, acadar
>>>>> compromisos de actuación consensuados coas partes implicadas.
>>>>>
>>>>> Daquela é necesario que nomeemos representes do profesorado e
>>>>> representantes  dos GUGLs. Feito isto só restaría conciliar a data
>>>>> desexada cos 15 dias de antelación que solicitan.
>>>>>
>>>>> Agardando a vosa resposta, recibide o meu cordial saúdo,
>>>>>