[Softlibre-edugal] Glest

Danie Bañobre daniel en compostelawireless.net
Lun Mar 5 19:40:24 CET 2007


Outra vez ando metido no tema da XGN. Este ano, entre outras cousas,
estamos en contacto cunha persoa do equipo de Glest
(http://www.glest.org/).

É un xogo de estratexia en tempo real, desenrolado en galicia fai uns
anos e licenciado baixo licencia GPL. Na actualidade o proxecto está
detido.

¿Non vos resulta interesante contar cun programa feito en galicia, baixo
GPL, co que poder traballar cos alumnos en clase?. ¿Qué mellor proxecto
para os ciclos de programación que desenrolar unha versión para rede do
xogo?. ¿A ninguén lle escita a idea?.