[Softlibre-edugal] Concretando a entrevista coa Consellería Educación
Roberto Brenlla
brenlla en gmail.com
Mer Mar 7 01:08:19 CET 2007
Olá,
Dado a aceptación xeralizada amosada polos GUGLs (grupos de usuari en s
de GNU/Linux), sería bo que a parte do profesorado a concretásemos.
Na primeira reunión irán tanto os representantes dos GULGS como dos
profesores e nas seguintes, para facelas manexables, reducirase o
número. Estúdase a posibilidade de asistencia por videoconferencia
grazas ao CESGA. En todo caso, de todo canto vaia sucedendo
informarase puntualmente á lista.
Para a primeira reunión é interesante contar cun representante dos
distintos tipos de perfís de profesorado que estea involucrado no
software libre en Galicia.
1º) IMPLANTACIÓN / ADMINISTRACIÓN DE SERVIZOS: alguén con experiencia
en implantación con éxito de Sx Libre no seu centro, que coñeza as
dificultades e a
forma de superalas e que estea dando servizos baseados en soft libre.
Para isto propuxemos a Manuel Morán e Rafa Ávila.
2º) PROGRAMACIÖN: consideramos interesante alguén que
coñeza, imparta e leve ás súas clases o modelo de programación de software
libre. Non só se trata de implantar
software libre senón de involucrar a desenvolvedores e
formadores destes desenvolvedores.
3º) XERACIÓN E EMPREGO DE SOFTWARE DIDÁCTICO: alguén que estea
involucrado na xeración de contidos educativos con software libre
e que coñeza a fondo as aplicacións existentes na actualidade.
Expresade a vosa opinión a través da lista ou aportade calquera
suxestión que vos pareza de importancia. Deste xeito conseguiremos
consensuar a lista de posibles representantes a esta primeira reunión.
En todo caso, é importante apuntar que o número de asistentes
sempre está supeditado ao que dicte a Consellería.
Saúdos,
--
Roberto Brenlla
http://www.agnix.org http://brenlla.blogaliza.org/
GNU/Linux # 124.437 http://counter.li.org/