[Softlibre-edugal] Por fin clonamos vía GNU/Linux

Xabier Seixo xabier.seixo en gmail.com
Mer Mar 7 18:43:52 CET 2007


Ola, comentarvos os métodos que teño usado para clonar equipo, que
depende que varias variabeis en canto ás caracteristicas dos equipos.
Un dos sistemas que teño utilizado (e do que menos me lembro de como o
fixen)foi con udpcast:
http://udpcast.linux.lu/ que é un aplicación para clonar equipos por
rede cun cast.

O outro sistema, consiste en utilizar varias ferramentas, todas nunha Knoppix:
Instalas o sistema que queres clonar.
Arrancas o equipo cunha knoppix, montas un servidor de Dhcp e un de NFS.
Se os equipos clientes soportan arranque a nivel da BIOS por tarxeta
de rede, arrancas un Linux Terminal Server, prendes os equipos aos
cales se lles asigna unha IP.
En caso de que non soporten, non queda outro remedio que arrancar cun
cd ou unha distro en disquete.
Unha vez feito esto, entra en acción a outra ferramenta: o Konsole, o
terminal de KDE.
Este terminal ten unha caracteristica, e é que podes abrir varias
pestanas, e  mandar comandos a todas elas dende unha soa. É decir, se
fas un ls, executarase en todas as pestanas abertas.
Fas un barrido de IP's, e abres unha consola por cada unha;
conectasate via ssh a cada equipo.
A partir deste punto, activas a "función de propagación" (non lembro
como se chama esta caracteristica do Konsole) .
Nel fas as operacións pertinentes: particionado de disco, montado das
unidades en cada equipo e montado do NFS.
Copias os "tar"  feitos de por exemplo "/" e "/home/ nas particións
correspondestes dende o NFS, desempaquetas, fas un chroot, executas
grug-install e a rebotear.
Tamén podes facer un udp-cast.

Tal vez non sexa tan"eficiente" como outros sitemas estilo ghost, pero
si creo que máis práctico, ademais de manter un nivel de control maior
do proceso de clonado, xa que podes estar vendo todo o que ocurre en
cada momento.

Saúdos e perdoade pola extensión.

2007/3/7, Alberto Garcia <agarcia en igalia.com>:
> O Mércores 07/03/2007 ás 10:59, Andrés J. Díaz dicía...
>
> > > dd if=imagen.equipo.dd.gz | ssh equipoaclonar "gunzip - | dd of=..."
> > Podéis hacer un pequeño hack, si ponéis el disco a ceros antes de
> > instalar windows o lo que sea, tendréis más ratio de compresión
> > debido a la forma de funcionar del método Huffman, que básicamente
> > sustituye N ceros seguidos por un sólo cero, así todo el espacio en
> > blanco ocupará "nada". Esto es útil si enviáis el .gz por red.
>
> Outra alternativa seria usar partimage (http://www.partimage.org/):
>
> "Partition Image will only copy data from the used portions of the
> partition. For speed and efficiency, free blocks are not written
> to the image file. This is unlike the 'dd' command, which also
> copies empty blocks. Partition Image also works for large, very full
> partitions.  For example, a full 1 GB partition can be compressed with
> gzip down to 400MB."
>
> Ademais funciona através da rede...
>
> --
> Alberto García González
> http://people.igalia.com/berto
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>