[Softlibre-edugal] Proposta SBC e datas.
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Mar Mar 13 09:18:29 CET 2007
Boas a todos/as
Grazas polo recibimento,
Dende o meu descoñecemento da existencia desta lista, por andar metido
en canta liada existe, eu tiven unha comida con Benxamín (O Subdirector
de Informática) ós 3-4 meses de ser nomeado. Nesa comida plantexeille
cousas como as seguintes:
1º.- Crear un Sistema Base Común (SBC en diante) a tódolos centros,
sexan de primaria, IES, integrados, CPIS, etc, etc. Este SBC debería
estar baseado en Linux e en aplicativos SL, véxase OOo, Gimp, etc.
2º.- ter un SBC permitiría que tódolos centros poderían intercambiar
experiencias de funcionamento, entre os distintos centros, e que non se
estivensen a matar cada nun no seu curruncho para solventar
continxencias. Un con win98, outro windows Vista, un con Suse outro con
ubuntu, un con OOo, outro con MS-officee. Uns mercando licencias outros
non (ben por usar SL ou por usar o repositorio emule, etc).
3º.- Ter un foro común sobre o SBC permitiríalle a xente que esta a
fronte da súa administración ir moito máis rápido na súa posta en marcha
e facilitaría a operatividade do día a día do usuario.
4º.- Ademais o SBC perrmitiría que os SI dun centro estivensen en
función do ilumindao que estiveramos, un día calquera, os que adicamos á
administración, para tirara por tal o cal camiño.
5.- Permitiría que estivese documentado, cousa que moi poucos centros
temos, e non totalmente, o que implicaría a non dependecia personalista
dun sistema destas características.
6º.- O SBC debería basarse na filosofía de dominios (NIS, ou LDAP) e que
todo estivese almacenado nun servidor, o que permitiría os
administradores ter liberdade para descragarlle o sw a un posto no
momento que desexase, permitiría tamén que centros como ós nosos se
desfaría de equipos obsoletos peroq ue ben aguantan un cliente lixeiro.
Finalmente facilitaría os procesos de backup e respaldo da información.
7º.- Cunha utilidade que permitira sacar os usuarios d xade o xadeweb, e
xa preaprar o arquivo para dar de alta os usuarios.
7º- O SBC podería levar aparellado un sistema dedocuemntación interno
para o cnetro (wiki) e un xestor estilo moodle.
8º.- O SBC non sería pechado, aquel centro que quixese evolucionar sobre
el que o faga, pero xa tería unha ferramenta para documentar, e o
"ideólogo" podería irse tranquilo que calquera podería saber en que
sistuación se atopa o sistema, ou no seu defecto sempre poderían
retroceder ó SBC. Un dos problemas que teñen os centros é a forte
dependencia que o SI ten sobre a persoa/as que os idearon e implantaron.
Non é cuestión de de falar de casos concretos pero a experiencia así mo di.
9º.- Como se levaría a cabo a construción deste SBC? que con premer un
botón, bua!!! desplegaríase e cáseque estaría funcionando. Pois aí é até
onde isto lles sairía gratis (a cosntrucción do SBC, non o desplegue nos
centros, ou sí habería que estudalo). Nesa ocasión plantexeille que se
poderían coller alumnos en prácticas de distintos centros (non os vou
mencionar todos porque seguro que me esquezo) e coordinados por xente
que está interesada no asunto e que dende cada centro se levaría a cabo
a realización dunha parte. Isto traería consigo a posta en práctica do
teletraballo, a interporatibilidade entr centros, o coñecemento persoal
de alumnos que estudan en distintas parates de Galicia e que comparten
experiencias comuns, etc, etc.
10º.- A distribución a usar polo SBC, sería outra das cousas a realizar
por ese grupo de alumnos.
ö final, se querelo, case que parecen os 10 mandamentos, pois iso foi o
que lle plantexei a Benxa no seu momento, non tiven resposta do asunto.
O que si non sei é se vós estades de acordo co plantexamento, pero como
sabedes o que esta a acontecer que ós centros chegan equipos e por
desgracia eles solos non saen da caixa, e en moitos centros están
dormisno do sono dos xustos. Ó igual que se o programa Meiga, Xade, etc,
para xestionar áreas moi concretas, pero que son uniformes en toda a
comunidade, deberíase ter un SBC para todo o Pais, o que adiantaríamos,
meu deus, Canta xente non se estrá batendo agoram mesmo cun problema que
xa outros resolveron previamente.
Gustaríame que me comentáredes sobre o anterior.
Por outra banda eu prefería ter unha reunión previa ó día 28, polo medio
que sexa (wiki, skype, multiconferencia, etc, ahh! física tamén), pero é
que de aí van sair cousas que logo deberíamos madurar e finalmente ir a
reunión do 28, pensade que canto máis masticado se lle dea máis
posibilidades de éxito hai.
É moi probable que me comera letra por todo o texto, páseme dende
pequeno incluso escribindo cun bolígrafo e papel, disculpas.
Saudos.