[Softlibre-edugal] Proposta SBC e datas.
Cesáreo García Rodicio
cesareo en cesareox.com
Mar Mar 13 09:40:47 CET 2007
Hola
Eu estoy practicamente de acordo con todo o que dís, aínda que a idea
é moi bonita pero a práctica máis dura. Pero dende logo creo que está
claro.
O único problema que vexo é como manexar os diferentes intereses dos
centros, como comentas no punto 8 e tambén a problemática da xestión
(humana e de software).
E relacionado cos Plans Tic que falábamos antes, creo que é un
obxectivo fundamental (non perder tempo con tanta instalación de
software diferente).
SAúdos
Cesáreo
Carlos Carrión wrote:
> Boas a todos/as
>
> Grazas polo recibimento,
>
> Dende o meu descoñecemento da existencia desta lista, por andar metido
> en canta liada existe, eu tiven unha comida con Benxamín (O Subdirector
> de Informática) ós 3-4 meses de ser nomeado. Nesa comida plantexeille
> cousas como as seguintes:
>
> 1º.- Crear un Sistema Base Común (SBC en diante) a tódolos centros,
> sexan de primaria, IES, integrados, CPIS, etc, etc. Este SBC debería
> estar baseado en Linux e en aplicativos SL, véxase OOo, Gimp, etc.
> 2º.- ter un SBC permitiría que tódolos centros poderían intercambiar
> experiencias de funcionamento, entre os distintos centros, e que non se
> estivensen a matar cada nun no seu curruncho para solventar
> continxencias. Un con win98, outro windows Vista, un con Suse outro con
> ubuntu, un con OOo, outro con MS-officee. Uns mercando licencias outros
> non (ben por usar SL ou por usar o repositorio emule, etc).
> 3º.- Ter un foro común sobre o SBC permitiríalle a xente que esta a
> fronte da súa administración ir moito máis rápido na súa posta en marcha
> e facilitaría a operatividade do día a día do usuario.
> 4º.- Ademais o SBC perrmitiría que os SI dun centro estivensen en
> función do ilumindao que estiveramos, un día calquera, os que adicamos á
> administración, para tirara por tal o cal camiño.
> 5.- Permitiría que estivese documentado, cousa que moi poucos centros
> temos, e non totalmente, o que implicaría a non dependecia personalista
> dun sistema destas características.
> 6º.- O SBC debería basarse na filosofía de dominios (NIS, ou LDAP) e que
> todo estivese almacenado nun servidor, o que permitiría os
> administradores ter liberdade para descragarlle o sw a un posto no
> momento que desexase, permitiría tamén que centros como ós nosos se
> desfaría de equipos obsoletos peroq ue ben aguantan un cliente lixeiro.
> Finalmente facilitaría os procesos de backup e respaldo da información.
> 7º.- Cunha utilidade que permitira sacar os usuarios d xade o xadeweb, e
> xa preaprar o arquivo para dar de alta os usuarios.
> 7º- O SBC podería levar aparellado un sistema dedocuemntación interno
> para o cnetro (wiki) e un xestor estilo moodle.
> 8º.- O SBC non sería pechado, aquel centro que quixese evolucionar sobre
> el que o faga, pero xa tería unha ferramenta para documentar, e o
> "ideólogo" podería irse tranquilo que calquera podería saber en que
> sistuación se atopa o sistema, ou no seu defecto sempre poderían
> retroceder ó SBC. Un dos problemas que teñen os centros é a forte
> dependencia que o SI ten sobre a persoa/as que os idearon e implantaron.
> Non é cuestión de de falar de casos concretos pero a experiencia así mo di.
> 9º.- Como se levaría a cabo a construción deste SBC? que con premer un
> botón, bua!!! desplegaríase e cáseque estaría funcionando. Pois aí é até
> onde isto lles sairía gratis (a cosntrucción do SBC, non o desplegue nos
> centros, ou sí habería que estudalo). Nesa ocasión plantexeille que se
> poderían coller alumnos en prácticas de distintos centros (non os vou
> mencionar todos porque seguro que me esquezo) e coordinados por xente
> que está interesada no asunto e que dende cada centro se levaría a cabo
> a realización dunha parte. Isto traería consigo a posta en práctica do
> teletraballo, a interporatibilidade entr centros, o coñecemento persoal
> de alumnos que estudan en distintas parates de Galicia e que comparten
> experiencias comuns, etc, etc.
> 10º.- A distribución a usar polo SBC, sería outra das cousas a realizar
> por ese grupo de alumnos.
>
> ö final, se querelo, case que parecen os 10 mandamentos, pois iso foi o
> que lle plantexei a Benxa no seu momento, non tiven resposta do asunto.
> O que si non sei é se vós estades de acordo co plantexamento, pero como
> sabedes o que esta a acontecer que ós centros chegan equipos e por
> desgracia eles solos non saen da caixa, e en moitos centros están
> dormisno do sono dos xustos. Ó igual que se o programa Meiga, Xade, etc,
> para xestionar áreas moi concretas, pero que son uniformes en toda a
> comunidade, deberíase ter un SBC para todo o Pais, o que adiantaríamos,
> meu deus, Canta xente non se estrá batendo agoram mesmo cun problema que
> xa outros resolveron previamente.
>
> Gustaríame que me comentáredes sobre o anterior.
>
> Por outra banda eu prefería ter unha reunión previa ó día 28, polo medio
> que sexa (wiki, skype, multiconferencia, etc, ahh! física tamén), pero é
> que de aí van sair cousas que logo deberíamos madurar e finalmente ir a
> reunión do 28, pensade que canto máis masticado se lle dea máis
> posibilidades de éxito hai.
>
> É moi probable que me comera letra por todo o texto, páseme dende
> pequeno incluso escribindo cun bolígrafo e papel, disculpas.
> Saudos.
>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal