[Softlibre-edugal] Proposta SBC e datas.
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Mar Mar 13 10:09:42 CET 2007
Cesáreo García Rodicio escribió:
> Hola
>
> Eu estoy practicamente de acordo con todo o que dís, aínda que a idea
> é moi bonita pero a práctica máis dura. Pero dende logo creo que está
> claro.
>
>
Permíteme que fale un pouco de min. Eu comezei no 97 no IES Cosme López
Rguez de A Rúa de Valdeorras , na outra esquina da miña casa (Cambados),
alí montei a primeira rede NT de Galicia en Centros (Servidor NT e
clientes 286 en MS-dos, e Win311, e logo tiña a fortuna de ter 5 equipos
con win95), sen acceso a internet, escaso de libros, cunha rede coaxial,
que daba mais lata que pa dios, montada polo alumnado,e funcionou. Por
qué por persistencia, insistencia e horas e horas.
Logo cheguei o San Clemente (un rapas, 27 anos, así era como me chamaban
o novo), alí montei a rede baixo uns criterios que hoxe comparten moitos
centros, e sendo o novo tiven que pelexar cun dept de preto de 20
persoas, con compartimentos estancos, cada aula iba por libre habia que
dar os alumnos de alta en cada aula (un servidor por aula), cada profe
tiña o seu reino de taixas no seu dept (inglés, oficinas, etc, uns
win98, outrsos 95 ) tras moita loita conseguimos un aula para un CPD, no
ano 98, que manda ovos, cando non se sabia nin o que era iso, canda se
quería cablear o centro pasando un cabvle coax por todo el, O novo tivo
que traer unha empresa e desmotrar as ventaxes do cableado estructurado
e en árbore. Bueno logro: conseguido un CPD (cos famos Fujitsu FS6000,
que todo profe quería para a súa aula, enon para beneficio xeral do
cnetro), cableado estructurado e todos uniformes con NT, a uniformidade
é a gratía de que non tes que perder o tenmpo e canta casuistica existe,
pois cada sistema é de seu pai e sua nai, Problema os escaneres HP SCSI,
pois pelexando pelexan funcionaron en NT.
Ano 2000 funme para ribeira, IES Leliadoura, alí tiña sort a fam
precedíame, xa non era o novo, aínda así dinme que o seu sistema nen
tiña nada que envexar ó IE SC, claro aí tiñao moi doado, trouixenos de
visita e conviron en que canto trabucados estaban, eles super
ilusionados con montar o primeiro sistema. Primeirra rede integramente
en 2000 (co famoso primeiro AD ), pois foron horas e horas de posta as
punto e de traballo solitario, enon che conto os problemas do contaplus,
factura plus, e nero, cando entraba un usuario normal no sistema, pois
problemas resoltos, de traballo en solitario, e aínda sendo a primeira
rede de windows 2000 negueime a datr un curso sobre redes windows 2000,
pois creia que ainda non a controlaba de todo. Cantas empresa ainda
hoxe, montan un dominio e poñen o DNS dos clientes apunatndo ó exterior,
pois iso, horas, horas, e horas, Instalarons 3 KM de cbale nunha semana
cos alumnos, instalaronse todolos equipos iguais, pedironse equipos a
UDC para os deps, e todo deus cun ordenador, tamen podemos dicir que foi
o primeirom caso de "unha persoa un voto", un alumno un ordenador,
tódalas aulas unofoprmemente deseñadas, era cando os da xunta viñan e
cableaban en U, hai que foderse coa ocurrencia. Bueno pois todo foi
funcionando, a base de pelxarse, desa experiencia hai hoxe moitos
centros montados basedos na mesma filosofía, Hostia, estoume acordando
cando se lles dicia que o do contrasinal cuan importante era, jejeje,
hoxe asumido por todo deus.
Volvin o San Clemente, pois aí me tes todo revolucionado de novo, 12
servidores, Cabina de Discos con Fiber Channel Rede aa Gigabit,
introducción xa de servidores en Linux, 300 equipos con mais de 80
(aplicaticos e configuarcions en cada imaxe), como aui si que hai que
recoñecer que con cartos, pero sen cartos ou con cartos, o mais
importante é QUERER, e botarlle valor, moi valor, e unha cousa
fundamental consultar a que ten implantadas cousas, e das cabinas de
disco de firewalls, clusters, etc, tiña pouca idea, pero ai que mirarse
no espello que mais che pode aportar en cada momento, nestes casos para
nos foi o SERGAS, que menudo CPD, non debemos creer que o sabemos todo,
sempre hai alguén que sabe máis e ese hai chuparlle até a médula.
Volvo a coincidir contigo en que parece moi bonito, iso foi o que me
dixeron os de ribeira cando xa tiven unha reunión cos distintos xefes
dept e cos dos ciclo de Administrativo, que tras plantearlles o novo
sistema, di unha profe, joer que bonito cando podemos ter iso?. pois ale
a traballar, nada é improsible QUERER E PODER, e dichoi "o novo", neste
vaso do mundo linux e SL , polo cal aposto ó 100%, senon fora así ainda
se estaría con windows 98 en tódolos sitios, ou sexa que ánimos e confía
nas nas posiblidades disto só e custion de organizarse, e hai xente
disposta a coordinar e a currar só se precisa contar co apoio da
administración, pero de ilusións tamens se vive, pénsese como estamos
agora que envian equipos, da igual queleven linux ou windows, no centro
da miña moza, están nas caixas, iso ó mellor no sucedería se se tives un
SBC, ou si, pero hai que probar e aventurarse.
Saudos.
En que centro estás?
Chao.
> O único problema que vexo é como manexar os diferentes intereses dos
> centros, como comentas no punto 8 e tambén a problemática da xestión
> (humana e de software).
>
> E relacionado cos Plans Tic que falábamos antes, creo que é un
> obxectivo fundamental (non perder tempo con tanta instalación de
> software diferente).
>
> SAúdos
> Cesáreo
>
> Carlos Carrión wrote:
>
>> Boas a todos/as
>>
>> Grazas polo recibimento,
>>
>> Dende o meu descoñecemento da existencia desta lista, por andar metido
>> en canta liada existe, eu tiven unha comida con Benxamín (O Subdirector
>> de Informática) ós 3-4 meses de ser nomeado. Nesa comida plantexeille
>> cousas como as seguintes:
>>
>> 1º.- Crear un Sistema Base Común (SBC en diante) a tódolos centros,
>> sexan de primaria, IES, integrados, CPIS, etc, etc. Este SBC debería
>> estar baseado en Linux e en aplicativos SL, véxase OOo, Gimp, etc.
>> 2º.- ter un SBC permitiría que tódolos centros poderían intercambiar
>> experiencias de funcionamento, entre os distintos centros, e que non se
>> estivensen a matar cada nun no seu curruncho para solventar
>> continxencias. Un con win98, outro windows Vista, un con Suse outro con
>> ubuntu, un con OOo, outro con MS-officee. Uns mercando licencias outros
>> non (ben por usar SL ou por usar o repositorio emule, etc).
>> 3º.- Ter un foro común sobre o SBC permitiríalle a xente que esta a
>> fronte da súa administración ir moito máis rápido na súa posta en marcha
>> e facilitaría a operatividade do día a día do usuario.
>> 4º.- Ademais o SBC perrmitiría que os SI dun centro estivensen en
>> función do ilumindao que estiveramos, un día calquera, os que adicamos á
>> administración, para tirara por tal o cal camiño.
>> 5.- Permitiría que estivese documentado, cousa que moi poucos centros
>> temos, e non totalmente, o que implicaría a non dependecia personalista
>> dun sistema destas características.
>> 6º.- O SBC debería basarse na filosofía de dominios (NIS, ou LDAP) e que
>> todo estivese almacenado nun servidor, o que permitiría os
>> administradores ter liberdade para descragarlle o sw a un posto no
>> momento que desexase, permitiría tamén que centros como ós nosos se
>> desfaría de equipos obsoletos peroq ue ben aguantan un cliente lixeiro.
>> Finalmente facilitaría os procesos de backup e respaldo da información.
>> 7º.- Cunha utilidade que permitira sacar os usuarios d xade o xadeweb, e
>> xa preaprar o arquivo para dar de alta os usuarios.
>> 7º- O SBC podería levar aparellado un sistema dedocuemntación interno
>> para o cnetro (wiki) e un xestor estilo moodle.
>> 8º.- O SBC non sería pechado, aquel centro que quixese evolucionar sobre
>> el que o faga, pero xa tería unha ferramenta para documentar, e o
>> "ideólogo" podería irse tranquilo que calquera podería saber en que
>> sistuación se atopa o sistema, ou no seu defecto sempre poderían
>> retroceder ó SBC. Un dos problemas que teñen os centros é a forte
>> dependencia que o SI ten sobre a persoa/as que os idearon e implantaron.
>> Non é cuestión de de falar de casos concretos pero a experiencia así mo di.
>> 9º.- Como se levaría a cabo a construción deste SBC? que con premer un
>> botón, bua!!! desplegaríase e cáseque estaría funcionando. Pois aí é até
>> onde isto lles sairía gratis (a cosntrucción do SBC, non o desplegue nos
>> centros, ou sí habería que estudalo). Nesa ocasión plantexeille que se
>> poderían coller alumnos en prácticas de distintos centros (non os vou
>> mencionar todos porque seguro que me esquezo) e coordinados por xente
>> que está interesada no asunto e que dende cada centro se levaría a cabo
>> a realización dunha parte. Isto traería consigo a posta en práctica do
>> teletraballo, a interporatibilidade entr centros, o coñecemento persoal
>> de alumnos que estudan en distintas parates de Galicia e que comparten
>> experiencias comuns, etc, etc.
>> 10º.- A distribución a usar polo SBC, sería outra das cousas a realizar
>> por ese grupo de alumnos.
>>
>> ö final, se querelo, case que parecen os 10 mandamentos, pois iso foi o
>> que lle plantexei a Benxa no seu momento, non tiven resposta do asunto.
>> O que si non sei é se vós estades de acordo co plantexamento, pero como
>> sabedes o que esta a acontecer que ós centros chegan equipos e por
>> desgracia eles solos non saen da caixa, e en moitos centros están
>> dormisno do sono dos xustos. Ó igual que se o programa Meiga, Xade, etc,
>> para xestionar áreas moi concretas, pero que son uniformes en toda a
>> comunidade, deberíase ter un SBC para todo o Pais, o que adiantaríamos,
>> meu deus, Canta xente non se estrá batendo agoram mesmo cun problema que
>> xa outros resolveron previamente.
>>
>> Gustaríame que me comentáredes sobre o anterior.
>>
>> Por outra banda eu prefería ter unha reunión previa ó día 28, polo medio
>> que sexa (wiki, skype, multiconferencia, etc, ahh! física tamén), pero é
>> que de aí van sair cousas que logo deberíamos madurar e finalmente ir a
>> reunión do 28, pensade que canto máis masticado se lle dea máis
>> posibilidades de éxito hai.
>>
>> É moi probable que me comera letra por todo o texto, páseme dende
>> pequeno incluso escribindo cun bolígrafo e papel, disculpas.
>> Saudos.
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Lista de correo Softlibre-edugal
>> Softlibre-edugal en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070313/2b06707b/attachment.htm