[Softlibre-edugal] Novos ordenadores

Carlos Carrión carrion en edu.xunta.es
Mar Mar 13 19:22:56 CET 2007


Ola a todos
A ver como contar isto, sen ferir sensibilidades. Debo recoñecer que eu 
apostei polo cambio, no momento das eleccións, pero polo cambio para 
mellor, non para caseque peor. Eu agradezo que se desexe cumplir cunha 
axenda de Lisoboa, ou de non sei onde, onde se pretendia chegar a un 
ratio de ordenadores por alumno, pero o que non estou de acordo e do 
modo en que se leva a cabo.

Estou en certa medida decepcionado porque as cousas funciona coma 
sempre, ou se se me apura un chisco peor. Claro que agradezo ter 
ordenadores novos (34 DELL en total que acaban de entrar pola porta 
sumados a 13 que nos etraron no nadal), eu supoño que haberá xente máis 
necesitada que nós, ou polo menos que se nos consulte, pois temos 5 
aulas con 31 equipos cada unha 2 delas nmnovas do trinque e as 3 
restantes don 2 anos de atigüedade. No taller demantemento, preto de 100 
equipos todos funcionando e 40 deles con 1 GB de RAM e procesadores 
pentium VI. Pois iso que non precisabamos ainda renovación. Faremos coma 
o ano pasado: donar equipos xa vós comentarei o procedemento para esta 
oacasión pois ainda o hai que falar coa dirección.

Claro que me alegro, pero doume conta do inxusto que é o asunto. Aparte 
todos con altofalantes no monitor, nin que fóramos a poñelos todos á 
vez. Espero que o futuro inmediato vos depara a mesma sorte.

A ver quen os saca das caixas. E logo seguro que veñen con licenzas de 
XP ou Vista (vai ti a saber), cando moitos de nos temos as famosas 
licenzas msdn aa. (recaudar por dous lados)

saudos.