[Softlibre-edugal] Proposta SBC e datas.

Cesáreo García Rodicio cesareo en cesareox.com
Mar Mar 13 21:04:32 CET 2007


Hola

Esto sí está animado, eh? Teño o buzón botando chispas :-). Uf, a ver 
varias cousas.

- O tema do SBC como xa dixen paréceme unha idea fabulosa, aínda que 
difícil (pero non imposible). Sería o ideal na xestión do parque 
informático.
- O tema do soporte paréceme tamén básico y máis sinxelo.
- Discusión Linux-Windows. Xa o discutimos eiquí varias veces. Non tes 
que convencerme de usar S.L. que xa o fago :-), na casa, nos meus 
servidores. Pero creo que temos moito que medrar como comunidade (non 
despilfarrar recursos) e de atención o usuario (que uso o pc para 
resolver os seus problemas diarios). Dito eso, apoio totalmente o S.L. e 
o uso porque me fai mais competitivo e productivo. Pero tamén é certo 
que teño unha formación que me permite facelo e eso non é tan sinxelo
- Discusión Docencia - Enxeñería. Eu sinceramente creo que o primeiro e 
ser bo docente, que meus alumnos veñan a clase, aprendan moito más que 
por sí solos e que estén preparados para a vida profesional. Ademáis de 
eso sí creo que os profesores da área de informática teñen que liderar a 
implantación das TICs, aínda que incluso non exclusivamente. Pero sí me 
parece importante diferenciar, aínda qué é certo que é unha discusión 
que tamén temos no noso centro.
- Asesores Siega. En realidade non sei que son. Pero a mín Siega sóame a 
un servicio de correo electrónico da Xunta que utiliza miña nai 
(maestra) e que, dende moitos puntos de vista (usabilidade, 
arquitectura, comunicacións, seguridade, etc) é un desastre. E non 
falemos do portal :-). E aínda encima seguro que hai algún técnico que 
aínda lle botará as culpas as maestras (que non saben, que non se 
adaptan, que non queren cambiar). Perdón porque quizáis non é o mismo, 
pero habería que empezar pola casa de un.

En definitiva, paréceme moi enriquecedora a discusión a verdade, e 
espero que existan os recursos de xente, tempo y diñeiro para levar a 
cabo a implantación dos Plans TICs e a opción do SBC.

E a clave de entender todo isto, xa o temos falado mais veces é que o 
importante para a adminsitración (e as empresas e todo o mundo) é 
entender que o uso das tecnoloxías no traballo son necesarias (pero non 
imprescindibles) para ser máis productivos nestes tempos. E que para eso 
fai falta un profesional, que teña formación, experiencia, tempo e 
acceso a xestión orzamentaria.

E para que saibades onde estou , son profe (ata Abril) do Centro de F.P. 
Daniel Castelao (www.cesareox.com/docencia) formando a Tecnicos do Ciclo 
Superior de Adminsitración de Sistemas (ASI) pero non administro a 
infraestructura informática do centro.

Saúdos
Cesáreo
www.cesareox.com