[Softlibre-edugal] Novos ordenadores
oscar casal
oscar.casal en gmail.com
Mer Mar 14 09:08:58 CET 2007
Boas Carlos,
Respecto do da doazón eu traballo na Universidade e estaba tentando
encontrar onde doar uns cantos tamén todos funcionando. Poderías
decirme, e tal vez a máis xente tamén lle interese a quenes se
poderían doar? Porque estou canso de preguntar e ninguén sabe e non me
gustaría que acabaran nun contedor ou no almacén onde lles van
quitando pezas ata que non serven pra ren.
Un saúdo, Óscar
2007/3/13, Carlos Carrión <carrion en edu.xunta.es>:
> Ola a todos
> A ver como contar isto, sen ferir sensibilidades. Debo recoñecer que eu
> apostei polo cambio, no momento das eleccións, pero polo cambio para
> mellor, non para caseque peor. Eu agradezo que se desexe cumplir cunha
> axenda de Lisoboa, ou de non sei onde, onde se pretendia chegar a un
> ratio de ordenadores por alumno, pero o que non estou de acordo e do
> modo en que se leva a cabo.
>
> Estou en certa medida decepcionado porque as cousas funciona coma
> sempre, ou se se me apura un chisco peor. Claro que agradezo ter
> ordenadores novos (34 DELL en total que acaban de entrar pola porta
> sumados a 13 que nos etraron no nadal), eu supoño que haberá xente máis
> necesitada que nós, ou polo menos que se nos consulte, pois temos 5
> aulas con 31 equipos cada unha 2 delas nmnovas do trinque e as 3
> restantes don 2 anos de atigüedade. No taller demantemento, preto de 100
> equipos todos funcionando e 40 deles con 1 GB de RAM e procesadores
> pentium VI. Pois iso que non precisabamos ainda renovación. Faremos coma
> o ano pasado: donar equipos xa vós comentarei o procedemento para esta
> oacasión pois ainda o hai que falar coa dirección.
>
> Claro que me alegro, pero doume conta do inxusto que é o asunto. Aparte
> todos con altofalantes no monitor, nin que fóramos a poñelos todos á
> vez. Espero que o futuro inmediato vos depara a mesma sorte.
>
> A ver quen os saca das caixas. E logo seguro que veñen con licenzas de
> XP ou Vista (vai ti a saber), cando moitos de nos temos as famosas
> licenzas msdn aa. (recaudar por dous lados)
>
> saudos.
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
--
Óscar Casal Sánchez
Dpto. Electrónica y Computación
Universidad de Santiago de Compostela
Tfno: +981563100 Ext 13568