[Softlibre-edugal] Sistema Base

xavi xavi en iesrodeira.com
Mer Mar 14 10:55:52 CET 2007


Pareceme moi boa idea o do sistema base. Penso que para poñer a idea en
funcionamento estaría moi ben o da wiki, e para comezar ocúrreseme o
seguinte:
* Deberíamos ter non un, se non 2 sistemas base: Un sistema "desktop" e
un sistema "server".
* Deberíamos definir as necesidades mínimas de ambos sistemas (eso sería
o sistema base). Por exemplo:
    -  Desktop:  firefox+flash plugin+jre, ooffice, lector PDF ... etc
    -  Server:     Apache+php+mysql, software wiki ou e-learning,
WordPress ou similar ...
  
A idea penso que debería ir por ahí, pero planificando ben entre todos
na wiki e poñendo uns plazos para definir o que debería ser o futuro do
sistema. Eu propoñería tamén basealo en Debian ;).

Si se leva adiante o da wiki, pareceríame tamén moi útil abrir páxinas
de discusión (na propia wiki ou nun foro) para discutir cara a donde
deberían camiñar os ciclos de informática e os distintos módulos, xa que
aínda que é certo que se debe contemplar o entorno productivo creo que a
situación actual e un pouco caótica...