[Softlibre-edugal] Novos ordenadores

Carlos Carrión carrion en edu.xunta.es
Mer Mar 14 15:58:01 CET 2007


Ola a todos,
pois creo que somos varios os que temos un problema, nos puxemonos en 
contacto con centros de primaria e IES, pola nosa conta, pero cecais, 
aqueles centros que demanden equipos, poderían publictalo aquí, pois nós 
dentro dun mes teremos preto de 40 funcionando AMD 500 MHz e 60 
monitores (30 deles de 17 ").

Saudos

oscar casal escribió:
>    Boas Carlos,
>
>    Respecto do da doazón eu traballo na Universidade e estaba tentando
> encontrar onde doar uns cantos tamén todos funcionando. Poderías
> decirme, e tal vez a máis xente tamén lle interese a quenes se
> poderían doar? Porque estou canso de preguntar e ninguén sabe e non me
> gustaría que acabaran nun contedor ou no almacén onde lles van
> quitando pezas ata que non serven pra ren.
>
>    Un saúdo, Óscar
>
> 2007/3/13, Carlos Carrión <carrion en edu.xunta.es>:
>   
>> Ola a todos
>> A ver como contar isto, sen ferir sensibilidades. Debo recoñecer que eu
>> apostei polo cambio, no momento das eleccións, pero polo cambio para
>> mellor, non para caseque peor. Eu agradezo que se desexe cumplir cunha
>> axenda de Lisoboa, ou de non sei onde, onde se pretendia chegar a un
>> ratio de ordenadores por alumno, pero o que non estou de acordo e do
>> modo en que se leva a cabo.
>>
>> Estou en certa medida decepcionado porque as cousas funciona coma
>> sempre, ou se se me apura un chisco peor. Claro que agradezo ter
>> ordenadores novos (34 DELL en total que acaban de entrar pola porta
>> sumados a 13 que nos etraron no nadal), eu supoño que haberá xente máis
>> necesitada que nós, ou polo menos que se nos consulte, pois temos 5
>> aulas con 31 equipos cada unha 2 delas nmnovas do trinque e as 3
>> restantes don 2 anos de atigüedade. No taller demantemento, preto de 100
>> equipos todos funcionando e 40 deles con 1 GB de RAM e procesadores
>> pentium VI. Pois iso que non precisabamos ainda renovación. Faremos coma
>> o ano pasado: donar equipos xa vós comentarei o procedemento para esta
>> oacasión pois ainda o hai que falar coa dirección.
>>
>> Claro que me alegro, pero doume conta do inxusto que é o asunto. Aparte
>> todos con altofalantes no monitor, nin que fóramos a poñelos todos á
>> vez. Espero que o futuro inmediato vos depara a mesma sorte.
>>
>> A ver quen os saca das caixas. E logo seguro que veñen con licenzas de
>> XP ou Vista (vai ti a saber), cando moitos de nos temos as famosas
>> licenzas msdn aa. (recaudar por dous lados)
>>
>> saudos.
>>
>> _______________________________________________
>> Lista de correo Softlibre-edugal
>> Softlibre-edugal en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>>
>>     
>
>
>   
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070314/eb83637c/attachment.htm