[Softlibre-edugal] [Fwd: Borrador de Proposta]
Carlos Carrión
carrion en edu.xunta.es
Xov Mar 15 17:09:23 CET 2007
Vexo que me trabuquei no enderezo e por iso no chegou este correo á lista.
Aí o vais
Manuel ti supoño que saberas mellor como coordinar o da construcción do
documento final.
Saudos
-------- Mensaje original --------
Asunto: Borrador de Proposta
Fecha: Thu, 15 Mar 2007 15:57:55 +0100
De: Carlos Carrión <carrion en edu.xunta.es>
A: softlibre-edugal-bounces en mancomun.org
Ola a todos,
polo que vin hoxe, parece ser que a reunión será o 28 deste mes, pois
ante iso deberíamos ter un documento base que presentar, a ser posible
deberíamolo ter consensuado como moi tarde o venres da semana que ven,
para que o luns se poidera distrubir polos centros na procura de apoios.
Así o mércores levaríase o documento e unha folla de sinaturas/apoios,
para que non se vexa que somos 4 iluminados.
O documento debería non superar as 5 páxinas e ser o máis concreto
posible (cousa que non sei si eu logrei).
Antes de ver o do wiki (idea xenial) púxenme a facelo en OOo, por tanto
o mando así para sometelo a discusión, e chegar a algo consensuado.
Eu so me centrei na parte do SBC, outros poden ir redactando outras
partes que se me ocorren (non sei se a división é acertada), ou incluso
que nin se me ocorren, esto é o bo de traballar en equipo.
O documento por agora é base tanto en ideas, como en redacción que
seguro que mellorará coas aportacións de todos.
Como ir incorporando as modificación ó documento base, para saber cal é
a versión final?, pois a verdade que non se me ocorre, pois non teño
experiencia e facer un documento entre moitos, que non teña ó lado,
jejejje. Non sei se o wiki resolverá este problemas.
Unha última cuestión, ó final segue en pe que vaia eu, manuel e
gustaríame saber quen máis, á reunión.
Roberto, cando debes saber os nomes dos que van a reunión? Que che
parece, o que se está debater?
E finalmente, Manuel, non coincido contigo no dos alumnos, ti ben sabes
que a experiencia nos di o contrario, isto é,
para eles non suporía unha perda de tempo, pois esta traballando
sobre un caso real,
aprenden o que non está nos escritos, a experiencia me remito
non teñen por que tomar decisisón importantes sobre o asunto pero si
estar ás ordes dun coordinador, (visita esta páxina feita por 2 alumnos
na fct e dende a nada, www.fgbmp.org)
axudan a avanzar moito na fase de indagación e probas,
para este centro no que estou, sería imposible ter o que temos
anivel de rede sen a súa axuda, eles agradecen ese tipo de actividades,
nunha semana que suspendemos as clases e se lle deu a volta ó sistema
informatico, eles sentironse parte do centro, entenderon a
infraestructura e fixeron prácticas que non farían noutros lares.
ti tes a experiencia de traducindote.
Está claro que eles non van ser quen tomen decisións pero si son
unha parte que nos interesa a todos, para ter xente que probe,
ivestigue, etc, ó máximo posible, alqguén lle podería chamar "man de
obra barata", pois si, pero farian practicas ó igual que as farín nunha
empresa e se se me apura moito mellor, e as dúas partes van saí
beneficiadas.
Ale veña a comer. Chao
Saudos tutti.
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070315/8757db40/attachment.htm
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : Borrador do Documento Base.odt
Tipo : application/vnd.oasis.opendocument.text
Tamaño : 15457 bytes
Descrición: non dispoñible
Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070315/8757db40/attachment.odt