[Softlibre-edugal] [Fwd: Borrador de Proposta]
Roberto Brenlla
brenlla en gmail.com
Xov Mar 15 22:01:08 CET 2007
Olá,
Que sexa esta unha breve resposta a centos de liñas (milleiros?) sobre
o SBC. É unha gran ledicia ver que existen tantas liñas escritas... e
algo menos ter que lelas :-)
Concordo que ir co SBC consensuado antes desta 1ª fase sería máis ca
idóneo. Ademais, creo que a propia sinerxia xerada coas vosas
mensaxes, a implicación e participación de máis e máis xente non fan
outra cousa que confirmar que ese diálago é imprescindible,
necesario...
Na praxis, sería bo telo preparado uns dias antes dese mércores 28 e
até xuntarnos(vos) para os apuntamentos finais cos que levar unha
proposta seria e ben consensuada.
Saúdos,
Roberto
2007/3/15, xosecalvo en edu.xunta.es <xosecalvo en edu.xunta.es>:
>
>
>
> Non teño moi claro como contribuir no wiki, non pola parte técnica, senón que non sei por onde comezar. Téñense aportado opinións bastante valiosas na lista de correos e probabelmente seria mellor comezar con pasalas ao wiki.
>
> Un comentario importante sobre a visión que presenta o documento: o primeiro punto fai referencia ao departamento de informática dos centros. Non teño os números pero é posíbel que un terzo dos IES de Galiza NON teñan departamento de informática - o meu, sen ir máis lonxe. Comprendo que a inquedanza parta deses departamentos precisamente, mais somas moitos os que andamos metidos nisto e non temos relación co ensino da informática. É demasiado, ademais, asumir que mesmo os departamentos de informática dos centros queiran asumir este reto e, queiramo-lo ou non, nos primeiros tempos vai requerir de bastante voluntarismo pola nosa parte.
>
>
>
> Xosé
>
> Vexo que me trabuquei no enderezo e por iso no chegou este correo á lista.
> Aí o vais
> Manuel ti supoño que saberas mellor como coordinar o da construcción do documento final.
> Saudos
>
> -------- Mensaje original --------
> Asunto: Borrador de Proposta
> Fecha: Thu, 15 Mar 2007 15:57:55 +0100
> De: Carlos Carrión <carrion en edu.xunta.es>
> A: softlibre-edugal-bounces en mancomun.org
>
> Ola a todos,
> polo que vin hoxe, parece ser que a reunión será o 28 deste mes, pois
> ante iso deberíamos ter un documento base que presentar, a ser posible
> deberíamolo ter consensuado como moi tarde o venres da semana que ven,
> para que o luns se poidera distrubir polos centros na procura de apoios.
>
> Así o mércores levaríase o documento e unha folla de sinaturas/apoios,
> para que non se vexa que somos 4 iluminados.
>
> O documento debería non superar as 5 páxinas e ser o máis concreto
> posible (cousa que non sei si eu logrei).
> Antes de ver o do wiki (idea xenial) púxenme a facelo en OOo, por tanto
> o mando así para sometelo a discusión, e chegar a algo consensuado.
> Eu so me centrei na parte do SBC, outros poden ir redactando outras
> partes que se me ocorren (non sei se a división é acertada), ou incluso
> que nin se me ocorren, esto é o bo de traballar en equipo.
>
> O documento por agora é base tanto en ideas, como en redacción que
> seguro que mellorará coas aportacións de todos.
>
> Como ir incorporando as modificación ó documento base, para saber cal é
> a versión final?, pois a verdade que non se me ocorre, pois non teño
> experiencia e facer un documento entre moitos, que non teña ó lado,
> jejejje. Non sei se o wiki resolverá este problemas.
>
> Unha última cuestión, ó final segue en pe que vaia eu, manuel e
> gustaríame saber quen máis, á reunión.
> Roberto, cando debes saber os nomes dos que van a reunión? Que che
> parece, o que se está debater?
>
> E finalmente, Manuel, non coincido contigo no dos alumnos, ti ben sabes
> que a experiencia nos di o contrario, isto é,
> para eles non suporía unha perda de tempo, pois esta traballando
> sobre un caso real,
> aprenden o que non está nos escritos, a experiencia me remito
> non teñen por que tomar decisisón importantes sobre o asunto pero si
> estar ás ordes dun coordinador, (visita esta páxina feita por 2 alumnos
> na fct e dende a nada, www.fgbmp.org)
> axudan a avanzar moito na fase de indagación e probas,
> para este centro no que estou, sería imposible ter o que temos
> anivel de rede sen a súa axuda, eles agradecen ese tipo de actividades,
> nunha semana que suspendemos as clases e se lle deu a volta ó sistema
> informatico, eles sentironse parte do centro, entenderon a
> infraestructura e fixeron prácticas que non farían noutros lares.
> ti tes a experiencia de traducindote.
> Está claro que eles non van ser quen tomen decisións pero si son
> unha parte que nos interesa a todos, para ter xente que probe,
> ivestigue, etc, ó máximo posible, alqguén lle podería chamar "man de
> obra barata", pois si, pero farian practicas ó igual que as farín nunha
> empresa e se se me apura moito mellor, e as dúas partes van saí
> beneficiadas.
>
> Ale veña a comer. Chao
> Saudos tutti.
>
>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>
--
Roberto Brenlla
http://www.agnix.org http://brenlla.blogaliza.org/
GNU/Linux # 124.437 http://counter.li.org/