[Softlibre-edugal] Novos ordenadores

Roberto Brenlla brenlla en gmail.com
Xov Mar 15 23:36:30 CET 2007


Em 14/03/07, Carlos Carrión<carrion en edu.xunta.es> escreveu:
>
>  Ola a todos,
>  pois creo que somos varios os que temos un problema, nos puxemonos en
> contacto con centros de primaria e IES, pola nosa conta, pero cecais,
> aqueles centros que demanden equipos, poderían publictalo aquí, pois nós
> dentro dun mes teremos preto de 40 funcionando AMD 500 MHz e 60 monitores
> (30 deles de 17 ").

Resulta que até sobran?

Lembrade que hai moitas funcionalidades extras que se poden conquerir
con 'terminais' e, dende este punto de vista, sempre poden ser
eficaces.

Xa que comezou esta liña, sería bo artellar un xeito-iniciativa
constante-etc de non estragar recursos...

saúde,
Roberto
>  Saudos
>
>  oscar casal escribió:
>  Boas Carlos,
>
>  Respecto do da doazón eu traballo na Universidade e estaba tentando
> encontrar onde doar uns cantos tamén todos funcionando. Poderías
> decirme, e tal vez a máis xente tamén lle interese a quenes se
> poderían doar? Porque estou canso de preguntar e ninguén sabe e non me
> gustaría que acabaran nun contedor ou no almacén onde lles van
> quitando pezas ata que non serven pra ren.
>
>  Un saúdo, Óscar
>
> 2007/3/13, Carlos Carrión <carrion en edu.xunta.es>:
>
>
>  Ola a todos
> A ver como contar isto, sen ferir sensibilidades. Debo recoñecer que eu
> apostei polo cambio, no momento das eleccións, pero polo cambio para
> mellor, non para caseque peor. Eu agradezo que se desexe cumplir cunha
> axenda de Lisoboa, ou de non sei onde, onde se pretendia chegar a un
> ratio de ordenadores por alumno, pero o que non estou de acordo e do
> modo en que se leva a cabo.
>
> Estou en certa medida decepcionado porque as cousas funciona coma
> sempre, ou se se me apura un chisco peor. Claro que agradezo ter
> ordenadores novos (34 DELL en total que acaban de entrar pola porta
> sumados a 13 que nos etraron no nadal), eu supoño que haberá xente máis
> necesitada que nós, ou polo menos que se nos consulte, pois temos 5
> aulas con 31 equipos cada unha 2 delas nmnovas do trinque e as 3
> restantes don 2 anos de atigüedade. No taller demantemento, preto de 100
> equipos todos funcionando e 40 deles con 1 GB de RAM e procesadores
> pentium VI. Pois iso que non precisabamos ainda renovación. Faremos coma
> o ano pasado: donar equipos xa vós comentarei o procedemento para esta
> oacasión pois ainda o hai que falar coa dirección.
>
> Claro que me alegro, pero doume conta do inxusto que é o asunto. Aparte
> todos con altofalantes no monitor, nin que fóramos a poñelos todos á
> vez. Espero que o futuro inmediato vos depara a mesma sorte.
>
> A ver quen os saca das caixas. E logo seguro que veñen con licenzas de
> XP ou Vista (vai ti a saber), cando moitos de nos temos as famosas
> licenzas msdn aa. (recaudar por dous lados)
>
> saudos.
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>
>


-- 
Roberto Brenlla
http://www.agnix.org     http://brenlla.blogaliza.org/
GNU/Linux # 124.437   http://counter.li.org/