[Softlibre-edugal] Documento TIC_e_Soft_Libre_no_Ensino_en_Galicia
Xosé
xosecalvo en gmail.com
Sab Mar 17 15:01:03 CET 2007
Traballei en principio sobre o “BORRADOR do documento base a presentar á
Consellería. Ver. 0.5” porque a wiki non estaba accesíbel nas últimas horas.
Agora xa está e os comentarios siguen a este.
En vez de “problemas observables”: “Análise da situación actual”.
Reordenar ámbitos:
1.- Ámbito administración (xunto os dous de Carrión):
a) Consellaría: organigrama: quen depende de quen, quen resolve que problema;
relación con outras consellerías, p.ex. mancomun.org; prazos, normas, xestión
de usuarios,...
b) Centros e servizos (institutos, CEFOREs, servizos centrais,
delegacións,...): responsabilidades: dedicación específica, aplicación de
directivas, mantemento,...
Incluiría nalgún lugar a publicación de normativas que establezan os formatos
dos documentos oficiais (lembrades que, até 3 ou 4 anos, os ficheiros tiñan
que ir en WordPerfect?): PDF/A, ODF,...
2.- Ámbito técnico
- Non “Ámbito técnico docente do propio centro” porque, tal e como está, polo
menos, afecta ao deseño global
- Copiar aquí todo o feito por Carrión.
- No punto 7, en vez de “subsistemas”, chamarlles “módulos”: é máis “amigábel”
que un profe pida “instálasme o módulo de ofimática?” que “instálasme o
subsistema de ofimática?”.
- No punto 10.A, engadir un 4º: proba en centros piloto (criterio: solicitude
do centro, escollendo primeiro aqueles que teñan participado en proxectos de
innovación, regrados ou non).
3.- Ámbito formación
-Diferenciar entre documentación e formación.
-A documentación sería responsabilidade do SIEGA e a formación dos CEFOREs.
-Para a documentación hai que asegurar a participación “de abaixo arriba”,
posibelmente mediante a colaboración usando wikis e non CMS, como o de Drupal
actual.
----
Sobre o texto actualmente na wiki:
(http://www.galpon.org/modules/phpwiki/index.php/TIC_e_Soft_Libre_no_Ensino_en_Galicia)
-Substituir os ámbitos polos de Carrión, reordenados como propoño. Paréceme
importante separar o que é administrativo (“Implantación del Departamento de
Informática en todos los Centros en base a ratios por PCs: PTICs (Profesores
TIC)” do que é técnico (“creación dun SBC (“Sistema Base Común) para a
unificación de esforzos de soporte, documentación, formación, etc...”) e,
finalmente, a formación.
-Non empregar o termo “docencia” por dúas razóns: o SBC empregaríase tamén en
servizos administrativos (elaboración de nóminas, concurso de traslados,
xestión de substitutos, XADE,...) e como docencia eu prefiro circunscribirme
ao que fan os profes coa tecnoloxía, independentemente de cal sexa esta e de
como se organice.
-Eliminar as referencias explícitas aos ciclos formativos de informática
(“ciclos” na wiki) porque son un ámbito moi reducido, ainda que non negarei a
súa importancia.
Xosé