[Softlibre-edugal] pasado presente e futuro

franmate en gmail.com franmate en gmail.com
Sab Mar 17 15:27:19 CET 2007


Un saúdo,

Hai días que leo o debate sobre coma propoñer á administración un cambio na
situación actual ou na configuración-arquitectura das equipas.

Penso eu que os cambios para o futuro non deben facerse con ideas do pasado.
E a informática xa forma parte do pasado, "as redes locais" ( permitide este
termo) xa deberían esquecerse en prol dos escritorios remotos e a
información compartida ( "informática compartida").

A realidade do futuro ( xoguemos a elo) serán sistemas operativos
ultra-lixeiros que medirán a súa potencia pola cantidade de ligazóns que
poden facer co exterior.
Non estaría mal plantexar na xuntanza o feito de aumentar as posibilidades
da intranet educativa, para convertela unha verdadeira rede de contidos
accesible mediante escritorios remotos tipo eye-OS ( open source) ou
traballos como o de Manolo Paz.

Xa sei que se falla Internet falla todo, pero nanda é perfecto.

Até a próxima
Fran Macías

P.D. Observade os movementos de capital e de estratexia en Internet: Google,
MSN e yahoo estánse posicionando hacia a "informática compartida-remota".
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070317/de95418b/attachment.htm