[Softlibre-edugal] pasado presente e futuro

Xosé xosecalvo en gmail.com
Sab Mar 17 15:40:51 CET 2007


Tamén son da túa opinión, máis ou menos. No documento que se está a preparar 
estanse deixando as cuestións técnicas para o final. Nesta lista xa alguén 
ten comentado que teñen instalado sistemas servidor-cliente nos seus centros 
e hai mesmo indicacións de como facelo. Agora mesmo o que se trata é de 
convencer á Administración de que adopte un modelo tecnolóxico globalizado e 
de que este estexa baseado en código libre e aberto. Se dan o visto bon, xa 
nos encargaremos dos detalles.

Xosé


O Sábado 17 Marzo 2007 15:27, franmate en gmail.com escribiu:
> Un saúdo,
>
> Hai días que leo o debate sobre coma propoñer á administración un cambio na
> situación actual ou na configuración-arquitectura das equipas.
>
> Penso eu que os cambios para o futuro non deben facerse con ideas do
> pasado. E a informática xa forma parte do pasado, "as redes locais" (
> permitide este termo) xa deberían esquecerse en prol dos escritorios
> remotos e a
> información compartida ( "informática compartida").
>
> A realidade do futuro ( xoguemos a elo) serán sistemas operativos
> ultra-lixeiros que medirán a súa potencia pola cantidade de ligazóns que
> poden facer co exterior.
> Non estaría mal plantexar na xuntanza o feito de aumentar as posibilidades
> da intranet educativa, para convertela unha verdadeira rede de contidos
> accesible mediante escritorios remotos tipo eye-OS ( open source) ou
> traballos como o de Manolo Paz.
>
> Xa sei que se falla Internet falla todo, pero nanda é perfecto.
>
> Até a próxima
> Fran Macías
>
> P.D. Observade os movementos de capital e de estratexia en Internet:
> Google, MSN e yahoo estánse posicionando hacia a "informática
> compartida-remota".