[Softlibre-edugal] SBC, TIC, Soft Libre e Reunión na consellería

Manuel G. Regal mgregal en yahoo.es
Lun Mar 19 14:41:58 CET 2007


Ola, en primeiro lugar presentarme: son Manuel Glez. Regal profesor no IES Xulián Magariños (Negreira) e aínda que non  enviei mensaxes sobre este tema, estou facendo un seguimento con moito interese. Por se alguén non me coñece e non sabe nada de min, ademais de dar clases no ciclo de ASI estiven dous anos como asesor SIEGA (o que agora é a subdirección de informática de educación) na sección de sistemas e desde o centro fixen o MAGASI CD e proxecto RELLA e despois de negociar coa dirección do centro o noso departamento leva o mantemento informático do centro. 
Digo esto para que sexades pacientes por algunhas posturas/posicións/ideas que vou plantexar como aporte e que creo que hai que pensar sobre elas para que este proxecto sexa un éxito. Repito, eu non comparto algúns destes puntos, pero creo que son importantes (e seguramente xurdirán durante o proceso) e que hai que reflexionar sobre eles para ofrecer unha solución/alternativa.
Experto en novas tecnoloxías - Administrador TIC:A administración do SBC e/ou aplicacións web asociadas requiren un pérfil de usuario avanzado; non necesariamente informático, pero si con coñecementos que superan longamente o nivel da grande maioría dos docentes.Os rumores sobre esta figura e o proxecto de implementación da consellería non satisfacen nin o pérfil técnico necesario nin o requisito horario.A asignación de profesorado para informática da ESO faise a criterio da dirección  do centro e normalmente por cuestións horarias. Na actualidade esa asignatura parece que será a solución ante a disminución de horas de tecnoloxía da ESO (sen comentarios, xa que esto daría moito que falar). Plantexar a figura dun profesor da especialidade de infomática é moi interesante, pero hai que falar coa subdirección de persoal e non creo que a consellería esté disposta a asumir un incremento de persoal como ese. Opinión persoal: eso non sería un gasto sería
 unha inversión.
Tema espiñoso: ¿é obriga dun profesor levar o mantemento/administración dun centro?.  A reposta eu a teño moi clara: non. Non creo que se poida obrigar a un profesor a exercer tarefas de administrador, do mesmo xeito que os proferores de administrativo non fan declaracións da renda nin xestionan inversións, os de inglés non fan traduccións de libros/manuais (que pena ;-) ), os de perruquería non fan cortes de pelo, os de sanitaria non consultan, ... 
Lido o anterior e supoño despois dalgúns improperios hacia a miña persoa ;-) ...  Eu e os meus compañeiros facemos tarefas de administración/asesoramento TIC, etc., tras falar e chegar a acordos coa dirección do noso centro e baixo certas condicións. Se estas condicións varían e non nos convencen (ou se por circunstancias particulares dalgún profe non lle interesa ou pode) ninguén ten a obriga de ter que facer tarefas que non son a túa obriga (e que seguro que o vivides con moita frecuencia, levan moito máis das horas estipuladas).
Este tema relativo ó profesorado de informática e as súas funcións creo que é un dos máis problemáticos, e para os profes de informática creo que habería que facer unha asociación para facer forza neste e noutros aspectos, senon, hai que facer o di o chiste ir collendo o tarro de vicks-vaporu para que non se irrite a gorxa cando nola metan...En canto a relación horas-ordenador eu non a vexo nada clara e simplificando a cuestión: non é o  mesmo traballar cun pentium IV a 3GHz que sufrir un a 300 ou 800 Mhz e a ademais, hai que ter en conta as horas de docencia que poden variar en función das materias e cursos... e a verdade ter un docente realizando tarefas de administración/mantemento a xornada completa, creo que é intrusismo: hai técnicos medios e/ou superiores (que nos mesmo formamos) para estas tarefas.Servizos: Varios puntos
A consellería ofrece ós centros aloxamento LAMP. Sen embargo, ata o de agora as posibilidades de usar Moodle, Joomla, ..., estaban limitadas polos coñecementos dos profes; é dicir, se querías algo había que buscarse a vida e montalo pola túa conta.Neste momento e grazas o traballo persoal dalgúns asesores ofrécese ós centros un pack: Drupal + Moodle + PHPWebquest + Coppermine. Esta iniciativa chámase WebsDinámicas e ofrece ós centros un aloxamento no servidor web de centros da consellería con estas aplicacións chave en man. Eu coñezo ós asesores que impulsaron o proxecto e os resultados que están a obter nos centros son moi bos.
Servizos no centros accesibles desde Internet: creo que por parte da consellería de presidencia a reposta vai ser non (supoño que por motivos de seguridade e control). Eu son da mesma opinión e creo que se o servizo pode estar nos servidores da consellería mellor debe estar alí; eso non quita, que por circunstancias se monte un servizo similar na intranet do centro.Acceso ó LDAP da consellería: Sería moi cómodo pero...
Eu creo que nunca estarán todos os alumnos (por exemplo primaria). Podo asegurar que xestionar o proceso de altas de alumnos  no LDAP  seguindo un proceso mínimamente controlado (é dicir, que non se colen persoas que non deben) é a repanocha. Non a parte técnica que xa está feita (aplicación web de altas...) senón todo o proceso administrativo de envío de cartas, privacidade, ... Falamos de máis de cen ou doscentos mil alumnos.
Creo que a consellería non o vai permitir debido os problemas de seguridade e o mal uso que alguén pode darlle ás buscas no LDAP. 
Creo que sería máis factible que desde XADE Web fose posible obter datos do alumnado do centro nun formato axeitado para facer importacións ó SBC e aplicacións tipo Moodle automatizando o proceso con scripts,...Quizás a parte servidor SBC deba partir dunhas funcionalidades básicas: autenticación/cartafoles personais, ..., e que se poida aumentar con módulos en función das necesidades de cada centro  (creo que esta idea xa apareceu noutros correos anteriores) .LINUX/sof libre: O sinto con toda a miña alma pero creo que na actualidade, e sobre todo motivado polo profesorado e a consellería, non é viable a súa inmediata implantación na parte cliente. Explícome:Creo que a consellería, en materia de informática, debería marcar unhas pautas sobre o que hai que usar: OS e aplicacións. Por suposto, nas clases o profesor ten liberdade de cátedra e hai materias que,..., blablabla. Como non se marcan pautas e non se obriga (si, falo de obriga) ó persoal docente a
 ter unha capacitación informática mínima, o uso de UNIX/Linux/Soft libre depende de iniciativas personais. Obrigar require moito empuxe e/ou consenso, e creo que non vai ser.
A implantación de UNIX/Linux/Soft Libre debe implicar unha fase de formación ou reformación do profesorado que debería planificarse e levarse a cabo dun xeito organizado e sistemático. E repito, quizais a palabra máxica sexa obriga.Outra palabra máxica creo que é: utilidade. Hai que proporcionar contidos educativos útiles para o profesorado e que éste vexa que é rentable e útil empregar as TICs. Pensar que os profesores van elaborar materiais didácticos multimedia,..., é de ilusos: si pode que algún ou algúns, pero ¿cantos dos 25000 docentes o van facer ou o están facendo?. Creo que se a consellería non proporciona unha cantidade suficientemente ampla, variada e de calidade real de recursos educativos, as TICs quedarán como unha forma (oportunista) de saír nos xornais e nalgúns casos gastar uns cartos que non se sabía que facer con eles e non como unha revolución educativa e proxecto de mellora do país.
Alumnado: Por unha banda opino como algúns dos meus compañeiros e pode resultar moi interesante para eles, pero creo que as prácticas nas empresas son eso, prácticas nas empresas e unha porta para un contrato que nin o centro nin a consellería pode ofertar. 
Non me lío máis xa que o correo é demasiado longo pero hai outros puntos sobre os que me gostaría falar: contidos educativos e nivel de implicación da administración.

Un saúdo e non sexades mois duros nas respostas ;-)

Manuel




	
	
		
______________________________________________ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070319/702b3e8f/attachment.htm