[Softlibre-edugal] SBC, TIC, Soft Libre e Reunión na consellería

Carlos Carrión carrion en edu.xunta.es
Lun Mar 19 17:44:59 CET 2007


Ola a todos.

Creo que Manuel debería vir a esa reunión, coñece os entresixos da 
administración, as súas velocidades, as eibas que ten, e por tanto pode 
ser a persoa que mollor saiba como casar os desexos que tos temos e 
plantaxemos aquí coa realidade actual da Conselleróa, pode ser o 
engranaxe perfecto para unir desexos con realidades. Iso sí nos debemos 
planbtexar desexos, as realidades xa nos las dirá a Administración, pero 
se as coñecemos de antem´na tamén podemos poñerlles soluccións.

Porque que a cousa non funciona, xa o sabemos todos, pero o porque e que 
taras ten, iso xa non o temos tan claro.
Co cal, eu, se non hai inconvite polas dúas partes (Manuel e resto de 
aforados) penso que Manuel debería participar nesa reunión.
Saudos.

Manuel G. Regal escribió:
> Ola, en primeiro lugar presentarme: son Manuel Glez. Regal profesor no 
> IES Xulián Magariños (Negreira) e aínda que non  enviei mensaxes sobre 
> este tema, estou facendo un seguimento con moito interese. Por se 
> alguén non me coñece e non sabe nada de min, ademais de dar clases no 
> ciclo de ASI estiven dous anos como asesor SIEGA (o que agora é a 
> subdirección de informática de educación) na sección de sistemas e 
> desde o centro fixen o MAGASI CD e proxecto RELLA e despois de 
> negociar coa dirección do centro o noso departamento leva o mantemento 
> informático do centro.
> Digo esto para que sexades pacientes por algunhas 
> posturas/posicións/ideas que vou plantexar como aporte e que creo que 
> hai que pensar sobre elas para que este proxecto sexa un éxito. 
> Repito, eu non comparto algúns destes puntos, pero creo que son 
> importantes (e seguramente xurdirán durante o proceso) e que hai que 
> reflexionar sobre eles para ofrecer unha solución/alternativa.
>
>     * Experto en novas tecnoloxías - Administrador TIC:
>           o A administración do SBC e/ou aplicacións web asociadas
>             requiren un pérfil de usuario avanzado; non necesariamente
>             informático, pero si con coñecementos que superan
>             longamente o nivel da grande maioría dos docentes.
>           o Os rumores sobre esta figura e o proxecto de
>             implementación da consellería non satisfacen nin o pérfil
>             técnico necesario nin o requisito horario.
>           o A asignación de profesorado para informática da ESO faise
>             a criterio da dirección  do centro e normalmente por
>             cuestións horarias. Na actualidade esa asignatura parece
>             que será a solución ante a disminución de horas de
>             tecnoloxía da ESO (sen comentarios, xa que esto daría
>             moito que falar). Plantexar a figura dun profesor da
>             especialidade de infomática é moi interesante, pero hai
>             que falar coa subdirección de persoal e non creo que a
>             consellería esté disposta a asumir un incremento de
>             persoal como ese. Opinión persoal: eso non sería un gasto
>             sería unha inversión.
>           o Tema espiñoso: ¿é obriga dun profesor levar o
>             mantemento/administración dun centro?.  A reposta eu a
>             teño moi clara: non. Non creo que se poida obrigar a un
>             profesor a exercer tarefas de administrador, do mesmo
>             xeito que os proferores de administrativo non fan
>             declaracións da renda nin xestionan inversións, os de
>             inglés non fan traduccións de libros/manuais (que pena ;-)
>             ), os de perruquería non fan cortes de pelo, os de
>             sanitaria non consultan, ...
>           o Lido o anterior e supoño despois dalgúns improperios hacia
>             a miña persoa ;-) ...  Eu e os meus compañeiros facemos
>             tarefas de administración/asesoramento TIC, etc., tras
>             falar e chegar a acordos coa dirección do noso centro e
>             baixo certas condicións. Se estas condicións varían e non
>             nos convencen (ou se por circunstancias particulares
>             dalgún profe non lle interesa ou pode) ninguén ten a
>             obriga de ter que facer tarefas que non son a túa obriga
>             (e que seguro que o vivides con moita frecuencia, levan
>             moito máis das horas estipuladas).
>           o Este tema relativo ó profesorado de informática e as súas
>             funcións creo que é un dos máis problemáticos, e para os
>             profes de informática creo que habería que facer unha
>             asociación para facer forza neste e noutros aspectos,
>             senon, hai que facer o di o chiste ir collendo o tarro de
>             vicks-vaporu para que non se irrite a gorxa cando nola
>             metan...
>           o En canto a relación horas-ordenador eu non a vexo nada
>             clara e simplificando a cuestión: non é o  mesmo traballar
>             cun pentium IV a 3GHz que sufrir un a 300 ou 800 Mhz e a
>             ademais, hai que ter en conta as horas de docencia que
>             poden variar en función das materias e cursos... e a
>             verdade ter un docente realizando tarefas de
>             administración/mantemento a xornada completa, creo que é
>             intrusismo: hai técnicos medios e/ou superiores (que nos
>             mesmo formamos) para estas tarefas.
>     * Servizos: Varios puntos
>           o A consellería ofrece ós centros aloxamento LAMP. Sen
>             embargo, ata o de agora as posibilidades de usar Moodle,
>             Joomla, ..., estaban limitadas polos coñecementos dos
>             profes; é dicir, se querías algo había que buscarse a vida
>             e montalo pola túa conta.
>           o Neste momento e grazas o traballo persoal dalgúns asesores
>             ofrécese ós centros un pack: Drupal + Moodle + PHPWebquest
>             + Coppermine. Esta iniciativa chámase WebsDinámicas e
>             ofrece ós centros un aloxamento no servidor web de centros
>             da consellería con estas aplicacións chave en man. Eu
>             coñezo ós asesores que impulsaron o proxecto e os
>             resultados que están a obter nos centros son moi bos.
>           o Servizos no centros accesibles desde Internet: creo que
>             por parte da consellería de presidencia a reposta vai ser
>             non (supoño que por motivos de seguridade e control). Eu
>             son da mesma opinión e creo que se o servizo pode estar
>             nos servidores da consellería mellor debe estar alí; eso
>             non quita, que por circunstancias se monte un servizo
>             similar na intranet do centro.
>           o Acceso ó LDAP da consellería: Sería moi cómodo pero...
>                 + Eu creo que nunca estarán todos os alumnos (por
>                   exemplo primaria). Podo asegurar que xestionar o
>                   proceso de altas de alumnos  no LDAP seguindo un
>                   proceso mínimamente controlado (é dicir, que non se
>                   colen persoas que non deben) é a repanocha. Non a
>                   parte técnica que xa está feita (aplicación web de
>                   altas...) senón todo o proceso administrativo de
>                   envío de cartas, privacidade, ... Falamos de máis de
>                   cen ou doscentos mil alumnos.
>                 + Creo que a consellería non o vai permitir debido os
>                   problemas de seguridade e o mal uso que alguén pode
>                   darlle ás buscas no LDAP.
>                 + Creo que sería máis factible que desde XADE Web fose
>                   posible obter datos do alumnado do centro nun
>                   formato axeitado para facer importacións ó SBC e
>                   aplicacións tipo Moodle automatizando o proceso con
>                   scripts,...
>           o Quizás a parte servidor SBC deba partir dunhas
>             funcionalidades básicas: autenticación/cartafoles
>             personais, ..., e que se poida aumentar con módulos en
>             función das necesidades de cada centro (creo que esta idea
>             xa apareceu noutros correos anteriores) .
>     * LINUX/sof libre: O sinto con toda a miña alma pero creo que na
>       actualidade, e sobre todo motivado polo profesorado e a
>       consellería, non é viable a súa inmediata implantación na parte
>       cliente. Explícome:
>           o Creo que a consellería, en materia de informática, debería
>             marcar unhas pautas sobre o que hai que usar: OS e
>             aplicacións. Por suposto, nas clases o profesor ten
>             liberdade de cátedra e hai materias que,..., blablabla.
>             Como non se marcan pautas e non se obriga (si, falo de
>             obriga) ó persoal docente a ter unha capacitación
>             informática mínima, o uso de UNIX/Linux/Soft libre depende
>             de iniciativas personais. Obrigar require moito empuxe
>             e/ou consenso, e creo que non vai ser.
>           o A implantación de UNIX/Linux/Soft Libre debe implicar unha
>             fase de formación ou reformación do profesorado que
>             debería planificarse e levarse a cabo dun xeito organizado
>             e sistemático. E repito, quizais a palabra máxica sexa obriga.
>           o Outra palabra máxica creo que é: utilidade. Hai que
>             proporcionar contidos educativos útiles para o profesorado
>             e que éste vexa que é rentable e útil empregar as TICs.
>             Pensar que os profesores van elaborar materiais didácticos
>             multimedia,..., é de ilusos: si pode que algún ou algúns,
>             pero ¿cantos dos 25000 docentes o van facer ou o están
>             facendo?. Creo que se a consellería non proporciona unha
>             cantidade suficientemente ampla, variada e de calidade
>             real de recursos educativos, as TICs quedarán como unha
>             forma (oportunista) de saír nos xornais e nalgúns casos
>             gastar uns cartos que non se sabía que facer con eles e
>             non como unha revolución educativa e proxecto de mellora
>             do país.
>     * Alumnado: Por unha banda opino como algúns dos meus compañeiros
>       e pode resultar moi interesante para eles, pero creo que as
>       prácticas nas empresas son eso, prácticas nas empresas e unha
>       porta para un contrato que nin o centro nin a consellería pode
>       ofertar.
>
> Non me lío máis xa que o correo é demasiado longo pero hai outros 
> puntos sobre os que me gostaría falar: contidos educativos e nivel de 
> implicación da administración.
>
> Un saúdo e non sexades mois duros nas respostas ;-)
>
> Manuel
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
> Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
> http://es.voice.yahoo.com 
> <http://us.rd.yahoo.com/mail/es/tagline/messenger/*http://es.voice.yahoo.com/> 
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Lista de correo Softlibre-edugal 
> Softlibre-edugal en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/softlibre-edugal
>   
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/softlibre-edugal/attachments/20070319/7ff9bf22/attachment.htm